Gudesteo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadidos hipervínculos
Engadida "caixa de sucesión"
Liña 1:
'''Gudesteo''' (fl. [[1067]]-[[1069]]) foi un [[bispo]] de [[Diocese de Iria|Iria Flavia]] e [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]] durante o [[século XI]]. Sobriño do seu predecesor inmediato, [[Cresconio]], foi nomeado bispo de Iria Flavia polo [[García de Galicia|rei García]] da [[Reino de Galicia|Galiza]] antes do [[23 de febreiro]] de 1067<ref>{{Cita libro|título=García de Galicia. El rey y el reino|apelidos=Portela Silva|nome=Ermelindo|editorial=La Olmeda|ano=2001|ISBN=84-89915-16-4|páxina=81|ref=}}</ref>. En conflicto con outro tío seu, o conde [[Froila Arias]], este asinou a paz con el e xuroulle fidelidade. Porén, secretamente, o seu tío estaba a conspirar para asasinalo. No ano 1069, cando o bispo observaba a [[coresma]] no seu [[Palacio|pazo]] de Iria Flavia, achegáronselle uns emisarios do conde Froila e, tras falar con eles, permitiulles quedar a durmir nos seus aposentos. De noite, mentres o prelado durmía, os emisarios saíron do pazo e foron buscar a Froila, que agardaba co seu exército agochado nun bosque. Os conspiradores entraron pausadamente na cámara onde durmía o bispo e asasinárono<ref>{{Cita libro|título=Historia Compostelana|editorial=Akal|ano=1994|ISBN=84-460-0417-8|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxina=76|ref=}}</ref>. Estes feitos serviron de advertencia a [[Diego Xelmírez]], titular da mesma sé episcopal tempo despois, para que trasladase a súa residencia a [[Padrón]], pois tanto el coma [[Nuno Afonso]], un dos autores da ''[[Historia Compostelá]]'', lembraban o asasinato de Gudesteo e temían un ataque similar<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Portela Silva|nome=Ermelindo|data=2007|título=Diego Gelmírez. Los años de preparación (1065-1100)|url=http://revistas.usal.es/index.php/Studia_H_Historia_Medieval/article/viewFile/1253/1328|PMC=|revista=Studia historica, Historia medieval|número=25|páxinas=124-125|doi=|ISSN=0213-2060|PMID=|volume=}}</ref>.
 
{{Start box}}
{{Succession box|título=Bispo de Iria Flavia|período=[[1067]] - [[1069]]|predecesor=[[Cresconio]]|sucesor=[[Diego Páez]]}}
{{End box}}
 
== Notas ==