Guerra civil chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 127:
== Orixes ==
=== A primeira Fronte Unida ===
[[Ficheiro:Whampoa-Sun.jpg|esquerda dereita |miniatura|Sun Yat-sen na Academia Militar de Whampoa.]]
[[Sun Yat-sen]], líder do [[Kuomintang]] (KMT), buscou o auxilio das potencias estranxeiras para vencer aos [[señor da guerra|señores da guerra]] que se fixeran co control no norte da China por mor da caída da [[dinastía Qing]], tras a [[abdicación]] do último emperador, [[Puyi]].<ref name="so">So, Alvin Y. Lin, Nan. Poston, Dudley L. Contributor Professor, So, Alvin Y. [2001] (2001). The Chinese Triangle of Mainland China, Taiwan and Hong Kong. Greenwood Publishing. ISBN 0-313-30869-1.</ref> As democracias occidentais ignoraron os esforzos do líder nacionalista para atraerse a súa axuda. Con todo, en [[1921]] Sun Yat-sen recorreu á [[Unión Soviética]]. Facendo uso do [[Pragmática|pragmatismo]] político, os líderes soviéticos lanzaron unha política ambigua en virtude da cal apoiaban o KMT de Sun ao mesmo tempo que ao recentemente fundado [[Partido Comunista da China]] (PCCh). Os soviéticos esperaban a consolidación dos comunistas pero estaban preparados para a vitoria de calquera dos dous bandos. Deste xeito iniciouse a loita polo poder entre os nacionalistas e os comunistas.
 
Liña 144:
Eventualmente, a á esquerda do KMT tamén expulsou membros do PCCh do goberno de Wuhan, que á súa vez foi derrubado por Chiang Kai-shek. Chiang Kai-shek, na súa calidade de comandante en xefe do [[Exército Nacional Revolucionario]] (ENR), iniciou a [[Expedición do Norte]] que levaba tempo postergada. Era unha acción en contra dos señores da guerra e pretendía a unificación da China baixo o mando do KMT. O KMT renovou a súa campaña contra os [[Era dos señores da guerra|señores da guerra]] e capturou Pequín en xuño de 1928.<ref name="Guo">Guo, Xuezhi. [2002] (2002). The Ideal Chinese Political Leader: A Historical and Cultural Perspective. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-97259-3.</ref> Pronto, a maior parte da [[China do Leste]] estivo baixo control do goberno central de Nanjing, que pronto recibiu o recoñecemento internacional como único goberno lexítimo da China. O goberno do KMT anunciou, de acordo con Sun Yat-sen, a fórmula para as tres etapas da revolución: unificación militar, tutela política e democracia constitucional.<ref>Theodore De Bary, William. Bloom, Irene. Chan, Wing-tsit. Adler, Joseph. Lufrano Richard. Lufrano, John. [1999] (1999). Sources of Chinese Tradition. Columbia University Press. ISBN 0-231-10938-5. pg 328.</ref>
== Insurxencia comunista (1927-1937) ==
[[Ficheiro:National Revolutionary Army artillery.png|miniatura|esquerdadereita|Tropas do ENR disparando artillería contra as forzas comunistas]]
Durante a década de 1920, os activistas do PCCh refuxiáronse na clandestinidade ou fuxirón o campo, onde fomentaron unha rebelión armada. A rebelión do PCCh contra o goberno nacionalista comezou o 1 de agosto de 1927 en [[Nanchang]], [[Jiangxi]].<ref name=Nanchang/><ref name="Lee">Lee, Lai to. Trade Unions in China: 1949 To the Present. [1986] (1986). National University of Singapore Press. ISBN 9971-69-093-4.</ref> Do levantamento de Nanchang xurdiu a formación dun exército rebelde comunista, o [[Exército Vermello dos Traballadores e Campesiños Chineses]], que máis tarde se convertería no [[Exército Popular de Liberación]]. O 4 de agosto, as forzas do Exército Vermello abandonaron Nanchang e dirixíronse cara ao sur nun ataque contra Guangdong. As forzas gobernamentais rapidamente recuperaron Nanchang mentres as forzas rebeldes escapaban ao campo.<ref name=Nanchang/> Unha reunión do PCCh o 7 de agosto confirmou a intención do partido de tomar o poder pola forza, seguida por unha violenta campaña anticomunista do goberno de Wang Jingwei en Wuhan a partir do 8 de agosto. O 14 de agosto, Chiang Kai-shek ante a falta de apoios por parte da xunta militar de [[Nanjing]] retirouse á súa aldea natal. Máis adiante o PCCh fixo outros intentos para tomar as cidades de Changsha, Shantou e Guangzhou. O Exército Vermello formado por soldados amotinados do antigo Exército Revolucionario Nacional (ERN), así como [[campesiño]]s armados estableceu o control ao longo de varias áreas do [[sur da China]].<ref name="Lee" /> Mentres tanto as forzas do KMT seguian tentando acabar coas rebelións.<ref name="Lee" /> Entón, en setembro, Wang Jingwei foi forzado a saír de Wuhan e o 7 de setembro produciuse unha insurrección armada sen éxito coñecida como a [[revolta da colleita do outono]], liderada por [[Mao Tse Tung]].<ref name="Blasko">Blasko, Dennis J. [2006] (2006). The Chinese Army Today: Tradition and Transformation for the 21st Century. Routledge. ISBN 0-415-77003-3.</ref> Mikhail Borodin volveu en outubro, outra vez, á [[Unión Soviética]] vía Mongolia. En novembro, Chiang Kai-shek foi a Shanghai e invitou a Wang a unirse a el. O 11 de decembro, o PCCh comezou o levantamento de Cantón, establecendo un [[soviet]] alí ao día seguinte, pero o 13 de decembro perdeu a cidade tras un contraataque baixo as ordes do xeneral [[Zhang Fakui]]. O 16 de decembro, Wang Jin fuxiu a Francia. Agora había tres capitais na China: Pequín que era a capital da república internacionalmente recoñecida, outra en Wuhan gobernada polo PCCh e o KMT de esquerdas e outra en Nanjing rexida polo réxime de dereitas do KMT e que seguiría sendo a capital do KMT durante a próxima década.<ref name="Esherick">Esherick, Joseph. [2000] (2000). Remaking the Chinese City: Modernity and National Identity, 1900–1950. University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-2518-7.</ref><ref name="Esherick" /><ref name="Clark">Clark, Anne Biller. Clark, Anne Bolling. Klein, Donald. Klein, Donald Walker. [1971] (1971). Harvard Univ. Biographic Dictionary of Chinese communism. Original from the University of Michigan v.1. Digitized Dec 21, 2006. p 134.</ref>