José Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Amonestación > amoestación.
Liña 6:
Era fillo dun home [[carlismo|carlista]], relator da [[Real Chancillería de Valladolid|Real Chancillería]], e de [[Nicomedes Moral]], unha muller moi piadosa. Tras varios anos en Valladolid, a familia pasou por [[Burgos]] e [[Sevilla]] para ó fin establecerse en [[Madrid]] cando tiña 9 anos, logrando o seu pai o posto de superintendente de policía. José Zorrilla ingresou no [[Seminario de Nobles]], rexentado polos [[xesuítas]], onde participou en representacións teatrais escolares.
 
Trala morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]], o seu pai, profundo [[absolutismo|absolutista]], foi desterrado a [[Lerma, Burgos|Lerma]], e o fillo enviado a estudar [[Dereito]] á [[Real Universidade de Toledo]] baixo a vixilancia dun familiar [[cóengo]], en cuxa casa se hospedou; porén, tralo seu fracaso escolar o cóengo devolveuno a [[Valladolid]] para que seguise estudando alí ([[1833]]–[[1836]]). Á súa chegada á cidade natal foi amonestadoamoestado polo pai, que marchou despois a [[Torquemada]], e por [[Manuel Tarancón]], [[rector]] da Universidade e futuro [[bispo de Córdoba]].
 
O carácter imposto dos estudos e maila súa atracción polo [[debuxo]], as mulleres (unha curmá da que namorou durante unhas vacacións) e a [[literatura]] de autores coma [[Walter Scott]], [[James Fenimore Cooper]], [[Chateaubriand]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Victor Hugo]], o [[Ángel de Saavedra|Duque de Rivas]] ou [[José de Espronceda|Espronceda]], levaron o seu futuro por outros vieiros. O pai desistiu do intento de tirar proveito do seu fillo e en [[1836]] mandouno levar a Lerma a cavar [[vide]]s, pero de camiño o mozo roubou unha [[mula]], fuxiu a Madrid e iniciouse na vida literaria frecuentando os ambientes artísticos e [[bohemia|bohemios]] da vila, malia pasar moita fame.
Liña 16:
En 1838 casou con Florentina O'Reilly, unha viúva irlandesa arruinada moito maior ca el e cun fillo, pero o matrimonio foi infeliz; un fillo que tiveron morreu, e el tivo varias amantes. En 1845 abandonou á muller e marchou a [[París]], onde asistiu a algúns cursos na facultade de Medicina{{cómpre referencia}}. Alí mantivo amizade con [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Alfred de Musset]], [[Victor Hugo]], [[Théophile Gautier]] e [[George Sand]].
 
Volveu a [[Madrid]] en [[1846]] ao morrer a súa nai. Vendeu as súas obras á casa Baudry de París, que as publicou en tres tomos en [[1847]]. En [[1849]] recibiu varias honras: foi nomeado membro da xunta do recénrecentemente fundado [[Teatro Español]]; o Liceo organizou unha sesión para exaltalo publicamente e foi admitido na [[Real Academia Española]] (se ben non tomou posesión até [[1885]]). Pero o seu pai morreu ese mesmo ano e iso supúxolle un duro golpe, pois o feito de que se negara a perdoalo e as considerables débedas que lle deixou, supuxeron un gran peso na súa conciencia e no seu peto, o que afectou á súa obra.
 
Fuxindo de novo da súa muller, volveu a París en [[1851]], onde estivo coa súa amante Leila, e viaxou a [[Londres]] en [[1853]], onde o famoso reloxeiro Losada axudoulle a liberalo dos seus inseparables apuros económicos. Despois pasou once anos en [[México]], primeiro baixo o goberno liberal e despois baixo a protección e mecenado de [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]], pasando [[1858]] en [[Cuba]].