Lingua aquitana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 99:
Os [[vascóns]], que ocupaban o que é a moderna [[Navarra]], son xeralmente considerados como vascos, aínda que a principal evidencia está no nome. En 1960 atopouse unha [[estela]] con nomes aquitanos en [[Lerga]], o que pode reforzar a idea de que vascóns e aquitanos estaban emparentados.
 
Algúns autores colocan a fronteira lingüística tan ao sur como [[Calahorra]] e outros colocan en territorio aragonés falantes de aquitano. Nomes de lugares rematados en -ués/-ós son considerados provintesprovenientes do euskera (h)otz (frío). Isto demostraría a existencia de aquitanos ou vascos na zona norte da provincia de Huesca. Os romanos mesmo mencionan a cidade de Iliberris (moderna [[Elvira]], na [[provincia de Granada]]), nome con interpretación vasca evidente: *ili < hiri (cidade) + berri (novo). Esta ecuación ten sido utilizada como proba da relación entre o euskera e o [[lingua ibérica|ibero]], base do vascoiberismo de Humboldt e outros autores. Hoxe en día pénsase que a ecuación iri do euskera - Ili / Ilti do ibero é produto dun préstamo ibero no euskera.
 
Todos estes datos deben tomarse con precaución, as fronteiras lingüísticas nun territorio non teñen por que seren claras, nin a lingua falada única. En principio, ao sur dos Pireneos, non existen probas contundentes da existencia dun grupo importante de falantes de aquitano fóra das zonas mencionadas do norte de Guipúscoa e norte e centro de Navarra.