Alfabeto tifinagh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Contén texto tifinagh}}
O '''tifinagh''', ou '''líbico-bérber''', é un [[alfabeto]] empregado polos [[Bérberesbérberes]], esencialmente os [[pobo tuareg|tuaregs]]. Outrora foi un [[abjad]], un alfabeto consonántico.
 
Este alfabeto sufriu modificacións e variacións inevitábeis desde a súa orixe ata os nosos días. Do líbico ata os neo-tifinaghs pasando polo tifinagh sahariano e os tifinagh tuaregs, imos trazar a continuación os aspectos máis importantes de acada unha destas etapas.
Liña 56:
[[Salem Chaker]], profesor do [[INALCO]], propuxo unha revisión deste alfabeto (v. Tafsut. 1990 n° 14.). Propuxéronse outros sistemas a través da asociación Afus Deg Wfus (Roubaix), a revista ''Tifinagh'' (editada en Marrocos), o programa de Arabia Ware Benelux [http://www.arabiaware.com Arabia Ware Benelux] e o [[Instituto real da cultura amazigh|IRCAM]], e son relativamente similares.
 
Segundo S. Chaker (1994 - 33), « faltoulle aos neo-tifinagh todo o traballo de reflexión fonolóxica ». En efecto, o [[lingualinguas bérberbérberes|bérber]] evolucionou moito, e hoxe divídese en varios dialectos (ver [[lingualinguas bérberbérberes|artigo]]). Hai variación no mesmo seo dos tifinagh tuaregs, e comportan un predominio dos punteados. Ao sufrir a falta de dúas vogais, o alfabeto AB inventou algúns signos que non teñen base histórica ningunha (a elaboración destes signos faise a miúdo unindo os punteados) O AB inventou así os signos correspondentes ás consoantes seguintes /dj/, /tc/, /k/, /R/, /q/, /x/, /w/ etc. Abandonou as ligaduras e a comezou a marcar a tensión.
 
O aspecto principal que debe ser respectado no que atinxe á adopción dun sistema de escritura é o de reflectir dunha maneira simple o sistema fonolóxico dunha lingua dada. Por sistema fonolóxico entendemos o conxunto das consoantes e vogais dunha lingua que teñen un estatuto pertinente para distinguir entre dúas formas. Dito doutro xeito, un sistema de escritura para o galego por exemplo debe diferenciar entre as dúas consoantes /p/ e /b/ xa que a substitución dunha destas consoantes pola outra cambiaría totalmente o senso dunha palabra: par ≠ bar. Pola contra, esta mesma lingua non ten necesidade de dous signos para distinguir entre o ‘’’b’’’ de ‘‘’bico’’’, que é unha oclusiva labial sonora, e o de ‘’’cuba’’’, que é unha fricativa. O alfabeto non está obrigado a reflectir esta diferenza e sobrecargar o inventario alfabético da lingua posto que esta diferenza está condicionada polo contexto. Non se trata, xa que logo, de dous [[fonema]]s, senón máis ben de dous [[alófono]]s dun mesmo fonema /b/. Estas reflexións de orde fonolóxica, entre outras, non foron tidas en conta desgraciadamente pola AB, cousa que creou un sistema alfabético sobrecargado. Así, notou as [[espirante]]s /t/, /d/, /k/ e /g/ e as [[africada]]s /tch/ e /dj/ que, para un sistema fonolóxico común a todos as falas amazigh, non teñen razón de ser. A espirantización e a africación de algunhas consoantes son variacións rexionais (rifain e cabila, por exemplo) a miúdo condicionados polo contexto e que non teñen máis que unha feble pertinencia mesmo nestas falas. O sistema alfabético amazigh pode polo tanto pasar sen o risco da incomprensión.