Jacques Lacan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
Lacan enfrontouse a unha das grandes correntes do freudismo, a ''Ego Psychology'', da cal a súa ex analista se convertera nun dos representantes, e que para el era unha versión edulcorada e adoptiva da mensaxe freudiana. Acostumaba chamala “psicanálise norteamericano”, e opúxose a este, é dicir, unha visión subversiva da teoría freudiana, centrada na primacía do inconsciente.
 
Na SPP, Lacan atraeu a numerosos alumnos fascinados pola súa ensinanza e desexosos de romper co freudismo académico da primeira xeración francesa. Comezou entón a ser recoñecido como didacta e tamén como clínico. O seu sentido agudo da lóxica da tolemia, o seu enfoque orixinal do ámbito da psicose e o seu talento asegurábanlle un lugar de privilexio aos ollos da xovennova xeración psiquiátrica-psicanalítica.
 
En [[1951]] Lacan comprou unha [[casa]] de campo a uns cen quilómetros de París. Alí refuxiábase os domingos para traballar, pero tamén recibía a pacientes e organizaba reunións. Encantáballe interpretar [[comedia]]s ante os seus amigos, disfrazarse, bailar e ás veces poñerse roupa extravagante. Nesa casa coleccionou unha cantidade considerable de [[libro]]s que terminaron por constituír unha [[biblioteca]] inmensa.