Diferenzas entre revisións de «2012»

sen resumo de edición
* [[20 de marzo]]: en [[Iraq]] unha vaga de atentados terroristas con bombas sacode varias cidades do país, entre elas a capital [[Bagdad]], [[Kerbala]], [[Kirkuk]] e [[Al-Hillah]]. En total morren polo menos 51 persoas e 250 quedan feridas.<ref>[http://www.eluniversal.com/internacional/120320/unas-16-explosiones-simultaneas-en-irak-causan-decenas-de-muertos «Unas 16 explosiones simultáneas en Irak causan decenas de muertos,] en ''El Universal'' (Venezuela).</ref>
* 20 de marzo: no municipio de [[Ometepec]] (México) prodúcese un forte [[terremoto de Guerrero-Oaxaca de marzo de 2012|terremoto]] dunha magnitude de 7,9 graos Richter, rexistrándose moitos danos materiais.<ref>[http://www.eluniversal.com.mx/notas/837010.html De 7.93 grados el sismo en México, rectifica el SSN,] en ''El Universal''.]</ref>
* [[21 de marzo]]: en [[Malí]] un grupo de militares derroca o goberno nun sanguento golpe de estado. Os militares golpistas, que xustificaron a súa acción polo insuficiente apoio do goberno derrocado aos militares na súa loita contra os guerrilleiros separatistas de etniado [[pobo tuareg]] do norte do país, cerraron as fronteiras do país e formaron unha xunta militar de goberno.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/22/internacional/1332433510.html «Los golpistas cierran el espacio aéreo y las fronteras terrestres de Malí»,] en ''El Mundo'' (Madrid).</ref>[[Ficheiro:MNLA flag.svg|thumb|200px|Bandeira dos rebeldes [[pobo tuareg|tuareg]] en Malí.]]
* [[22 de marzo]]: en [[Iemen]] as forzas do goberno conxuntamente con forzas militares estadounidenses bombardean posicións de [[Al Qaeda]] no sur do país matando polo menos 29 terroristas.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/22/internacional/1332440668.html Al menos 29 muertos en un ataque contra bastiones de Al Qaeda en el sur de Yemen,] en ''El Mundo'' (Madrid).</ref>
* [[26 de marzo]]: en [[Somalia]], o Exército de [[Etiopía]], co apoio dunha milicia pro-gobernamental somalí, conquista a cidade de [[Elbur]], un dos principais bastións do grupo fundamentalista islámico somalí [[Al-Shabbaab]], asociado a [[Al Qaeda]]. A caída de Elbur súmase á conquista doutras cidades, até aquelas controladas por Al-Shabbaab, por parte das forzas gobernamentais somalís e dos seus aliados estranxeiros da forza multinacional africana.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/26/internacional/1332779947.html Fuerzas etíopes toman la principal base de Al Shabab en el centro de Somalia,] en ''El Mundo'' (Madrid).</ref>
* [[31 de marzo]]: en [[Malí]] os guerrilleiros separatistas de etnia [[pobo tuareg|tuareg]] do norte do país ([[Movemento Nacional de Liberación do Azawad]]) lanzan unha ofensiva contra a estratéxica cidade de [[Gao]], logo de ter conquistado o día anterior a tamén estratéxica localidade de [[Kidal]]. Os rebeldes independentistas están aproveitando a debilidade e a confusión que reinan nas forzas gobernamentais despois do recente golpe de estado para avanzar de forma acelerada, o que preocupa os países da rexión que ofrecen enviar tropas para frealos.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/31/internacional/1333195061.html Los rebeldes tuaregs ganan terreno en Malí y entran en la estratégica ciudad de Gao,] en ''El Mundo'' (Madrid).</ref>
* 31 de marzo: en [[Tailandia]] un atentado terrorista na cidade de [[Yala]], ao sur do país, causa polo menos 8 mortos e máis de 50 feridos. O atentado dáse nunha rexión onde son frecuentes os ataques dos guerrilleiros separatistas islámicos que loitan para crear un estado islámico independente e que denuncian a discriminación por parte da maioría budista de Tailandia.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/31/internacional/1333180897.html Al menos ocho muertos en un atentado con bombas en el sur de Tailandia,] en ''El Mundo'' (Madrid).</ref>
 
230.468

edicións