Níxer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 78:
En [[1993]] promulgouse a Constitución e celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) —unha coalición de seis partidos de oposición— que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de [[Mahamane Ousmane]], candidato dun dos partidos integrantes da AFC.
 
Este novo goberno intentou mellorar a situación económica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos [[pobo tuareg|tuaregs]]s, habitantes da zona norte do país. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nómade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamáballe ao goberno unha solución ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solución fácil as súas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou até ben entrado o ano seguinte.
 
Á súa vez, as manifestacións estudantís continuaban e o goberno seguía reprimíndoas, feitos que conduciron á ruptura da coalición nese mesmo ano de [[1994]] e á renuncia do Primeiro Ministro. En [[1995]] formouse unha nova coalición que alcanzou a maioría no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formación dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.