Especie tipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Na [[nomenclatura botánica]], estes termos non teñen consideración formal baixo o actual [[Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas|código de nomenclatura]], pero utilízase ás veces imitando o uso que se fai na nomenclatura zoolóxica. En botánica, o tipo dun xénero é un espécime (ou, raramente, unha ilustración); os rangos de xénero e familia e as súas subdivisións, así como algúns nomes de rango superior baseados nos nomes dos xéneros, teñen ditos tipos.<ref name=ICN>[http://www.iapt-taxon.org/nomen/main.php? ''[[Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas]]'' (ICN)] artigos 7 a 10 (Melbourne Code, 2012)</ref>
 
En [[bacterioloxía]], asígnase unha especie tipo a cada xénero.<ref>{{cita web|chapter-url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK8808/#A247 |titleobra=International Code of Nomenclature of Bacteria: Bacteriological Code, 1990 Revision |chaptertítulo=Chapter 3: Rules of Nomenclature with Recommendations; Section 4. Nomenclatural Types and Their Designation}}</ref>
 
Cada xénero ou subxénero nomeado en zooloxía, tanto se actualmente está recoñecido como [[nome válido (zooloxía)|válido]] coma se non, está teoricamente asociado cunha especie tipo. Porén, na práctica hai acumulados moitos nomes pendentes de tipificar por un atraso ou lentitude na tipificación, que foron definidos en publicacións antigas cando non se requiría especificar un tipo.