Gran Premio do Xapón de 1988: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
A primeira fila dos McLaren foi o 11ª do ano, pero os seus pilotos tiveron distinta fortuna. Prost liderou lonxe de Berger e Capelli, mentres que Ayrton Senna se estancou na grella. Con todo, o [[circuíto de Suzuka]] tiña a única grella en costa do ano e puido arrincar o seu coche, aínda que fora 14º para entón. [[Derek Warwick]] e Nigel Mansell chocaron e tiveron que entrar en boxes por unha picada e un novo morro, respectivamente. Senna atacaba moi duro para compensar as posicións perdidas, e gañara seis lugares no inicio da segunda volta. A continuación, pasou a [[Riccardo Patrese]], [[Thierry Boutsen]], [[Alessandro Nannini]] e Michele Alboreto para tomar o cuarto lugar na cuarta volta. Mentres tanto, Capelli non só marcara a volta rápida, tamén pasou Berger que estaba preocupado con problemas de consumo de combustible, na volta cinco ao segundo lugar. Alboreto saíuse cando estaba en sexto lugar.
 
Na volta 14 o clima cambiou e comezou a chover en partes do circuíto, beneficiando a Senna. Na volta 16 Capelli aproveitou a súa oportunidade para pasar Prost para o liderado, a primeira vez que un coche non turbo lideraba un Gran Premio desde {{F1|1983}}. (Agás dos primeiros metros do Gran Premio do Brasil de 1988, onde Nigel Mansell herdara a Pole Position, pero foi superado rapidamente desde o principio polo McLaren de Prost e o Ferrari de Berger)<ref>{{Citationcita web|last=MrViniciusf11995|title=gp do brasil 1988 completo (Brazilian Grand Prix 1988 Complete)|date=2012-11-21|url=https://www.youtube.com/watch?v=9LlSLBqAiP0|accessdate=2016-03-20}}</ref> Prost freara cando o [[Lola Cars | Lola]] do debutante Aguri Suzuki trompeou na chicana, consguíu poñerse en marcha de novo xusto cando chegaban Prost e Capelli. A continuación, perdeu unha marcha na saída da chicana, e o March pasouno, pero a vantaxe de Capelli só durou uns poucos centos de metros porque a potencia adicional do motor Honda turbo permitiu a Prost recuperar a vantaxe. Capelli fixo varios intentos adicionais para adiantar a Prost, antes de retirarse 3 voltas máis tarde con fallo eléctrico.
 
A carreira de Nigel Mansell prolongouse ata a volta 24 cando se tocou co Lotus de Nelson Piquet a quen estaba tratando dobrar (Piquet trompeara o seu Lotus na trampa de grava exterior da curva 1 e fora empuxado de novo no circuíto polos comisarios, do mesmo xeito que Alboreto un par de voltas antes). Na chicana Mansell tratou de pasalo polo interior do coche de Piquet, pero tocouse co [[Williams FW12 | Williams]] tomando voo e abandonou. Mentres que Piquet, aínda doente dun virus queixabase de visión dobre, continuaría outras 10 voltas antes de retirarse por fatiga.