Concerto (forma musical): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
Como forma musical (non como [[Concierto|interpretación]] dunha ou máis obras musicais ante un público), tradicionalmente coñécese como '''concerto''', abreviándoo de ''concerto per soli'' (<span>concerto</span> para solistas) unha composición para un, dous (dobre), tres (triplo) ou máis instrumentos con acompañamento orquestral.<ref name="enciclopedia">Hughes, R. (compilador) y Taylor, D./Kerr, R., ''Music Lover's Encyclopedia''. </ref><ref>{{DRAG|Concerto}}</ref> Como denominación anterior historicamente a palabra ''concerto'' é sinónima do termo ''concertante''.<ref name="Wolf186">{{harvnb|Wolf|, p=. 186}}</ref>
 
== Estrutura ==
Tradicionalmente, o concerto compúxose en forma de [[sonata]] segundo o concepto clásico ou [[barroco]], con modificacións para permitir o [[virtuosismo]] do solista, en especial as [[Cadenza|cadencias]] (moitas veces chamadas polo seu termo italiano cadence en plural, ou ''cadenza'' en singular). Estas adoitan ser interpretadas polo solista inmediatamente antes de que a orquestra dea conclusión cun'' [[tutti]]'' ao primeiro ou ao último movemento da obra.<ref>{{cite book|last=Talbot|first=Michael|chapter=The Italian concerto in the Late seventeenth and early eighteenth centuries|url=https://books.google.com/books?id=zkS8a2drWVcC&pg=PR12|title=The Cambridge Companion to the Concerto|series=[[Cambridge Companions to Music]]}}</ref>
 
Por contraste, o ''[[concerto grosso]]'' barroco anterior constitúe unha composición para orquestra completa, na que a orquestra non acompaña, oponse ou arroupa ao solista, senón que forma un grupo habitualmente chamado ''tutti'' ou ''ripieno'' que intercambia material musical cun grupo de solistas chamado ''concertino.''<ref>David Threasher, reviewer, HAYDN Keyboard Concertos Nos 3, 4 & 11|gramophpne.co.uk</ref> Foi [[Antonio Vivaldi|Vivaldi]] quen, fronte ao concepto de [[Arcangelo Corelli|Corelli]] e [[Giuseppe Torelli|Torelli]], entre outros, denominou ó ''Concerto grosso'' como un diálogo entre solista e orquestra nun "balance de forzas" entre o grupo de solistas e o ''ripieno'' e estableceu unha estrutura compacta e orgánica do diálogo solista-orquestra, consolidando o concerto para solista ou ''Concerto per Soli.'' O modelo ''per soli'' ou simplemente ''concerto'', é o modelo que a partir de entón impúxose e que foi adoptado por unanimidade por todos os compositores preclásicos, clásicos e románticos, chegando practicamente até o día de hoxe salvo en casos puntuais ou de música experimental, levados a cabo xa na súa maioría a partir do [[século XX]].<ref name="White">White, John D. (1976). ''The Analysis of Music'', p.62. ISBN 0-13-033233-X.</ref><ref name=Wolf186/>
 
== Notas ==