Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
Liña 45:
;Inglaterra: Guillerme o Conquistador comenzara xa un certo labor de centralización administrativa. Porén, seus sucesores tiveron que enfrontarse cunha turbulenta [[nobreza]] feudal, incluíndo algunhas guerras civís. En resposta, o rei [[Henrique II de Inglaterra]] introduciu unha serie de innovacións administrativas que permitiron o desenvolvemento da industria e o comercio, creando unha clase [[burguesía|burguesa]] mercantil na cidade de [[Londres]]. Aínda que o seu fillo [[Xoán Sen Terra]] tivo que ceder ante a nobreza e asinar a [[Carta Magna]] en [[1214]], o certo é que o proceso de consolidación da monarquía sobre os nobres xa non tiña volta, e o réxime pactado en dito documento non era senón un delicado sistema de equilibrios entre a monarquía e os baróns feudais.
;Francia: Os reis de Francia no [[século XII]] dominaban pouco máis que o territorio próximo a [[París]]. De feito, para a [[Primeira Cruzada]] o rei de Francia nin sequera foi consultado, levando o protagonismo de dita rexión o conde [[Raimundo I de Tolosa]]. Os franceses pasaron varias décadas moi apurados, debido a que o matrimonio entre [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]] puxo nas mans do monarca inglés un enorme territorio, o chamado [[Imperio Anxevino]] (ou Imperio Plantagenet), que ameazaba con afogar a propia independencia do rei francés. Porén, co advenimento de [[Filipe II de Francia|Filipe Augusto]] ([[1180]]), Francia iniciou un proceso de imparábel consolidación interna, ao tempo que socavou o Imperio Anxevino. A última oportunidade de Inglaterra de destruír a Francia desvaneceuse coa derrota de [[Otón de Brunswick]], aliado de Inglaterra, ante os franceses na [[Batalla de Bouvines]] ([[1214]]). Ao rematar o reinado de Filipe Augusto, en [[1223]], Francia era unha monarquía feudal consolidada e en proceso de crecemento.
;Italia e Alemaña: Nestes territorios non houbo unha consolidación do poder central. Polo contrario, as destrutoras guerras entre o [[Papado]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio Xermánico]], en particular as emprendidas por [[Federico I Barbarroxa]], e despois por [[Federico II de Alemaña]], levaron ao crecemento no seu seo de diversos [[estado|microestados]], en Italia das [[Comunas de Italia|comunas]], e en Alemaña dos [[principado]]s. Ao morrer Federico II, en [[1250]], o Imperio era a penasapenas unha sombra do que fora. E as cidades e burgos independentes formaran unha constelación de estados autónomos que abarcaban todo o norte de Italia, Alemaña, [[Flandres]] e as costas do [[mar Báltico]].
;Polonia: O reino polaco tamén experimentara un certo proceso de consolidación interna, aínda que visibelmente atrasado con respecto ao resto de Europa, subsistindo con gran forza o poderío da nobreza feudal por riba do rei, que seguía sendo un ''primus inter pares'', máis que un verdadeiro monarca no sentido que estaba adquirindo tal figura noutros lugares de Europa.