Tales de Mileto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Liña 41:
Na época de Tales, os gregos –a través da súa [[mitoloxía grega|mitoloxía]]– consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas etc.) como forzas autónomas, honrándoos como deuses, elevados pola fantasía a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todas as cousas do universo.
 
Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales –como tamén de todos os demais filósofos da [[escolaEscola xónicaXónica]]– foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("''arché''").
 
Dos escritos de Tales, ningún deles sobreviviu ata os nosos días. As súas ideas filosóficas coñécense grazas aos traballos de [[Dióxenes Laercio]], [[Simplicio]] e principalmente [[Aristóteles]].