Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
As ambicións revolucionarias de Nkrumah levábano a considerarse investido dunha misión que transcendía os confíns de Ghana para se estender por toda [[África]]. Nkrumah vía na federación de África o único xeito de que o continente se emancipase realmente e obtivese un espazo na época da [[Guerra Fría]]. Coherentemente, estaba a prol dunha política de “neutralismo activo”.
 
Neses anos da [[descolonización]] a idea dunha organización, calquera que fose, dos países africanos gozaba de consenso xeral. Mais Nkrumah insistía en botar as bases dunha unión política, sendo claro que esa postura non se aceptaba pola maioría dos dirixentes africanos. De maneira que a Organización da Unidade Africana ([[OUA]]) non correspondía aos desexos de Nkrumah, senón a penasapenas un organismo intergobernamental. Con todo, en 1965, Kwame Nkrumah non dubidou en gastar 10 millóns de [[Libra esterlina|libra]]<nowiki/>s en erguer un Pazo da Unidade Africana en Accra, con ocasión da Conferencia de Xefes de Estado e Goberno da OUA, nun momento no que a economía do seu país estaba en dificultades, custo que a súa ambición política impuña e que lle subtraía o apoio da poboación. Por outra banda a súa liña intransixente sobre o neocolonialismo, xunto co apoio aos "combatentes pola liberdade" no resto do continente, e mailo seu achegamento, nos anos últimos, á [[URSS]] e a [[República Popular China|China]], contribuirón a lle crear fama de revolucionario incómodo e a lle retirar o sostén dos "moderados". Todos ese factores illárono no plano internacional e foron unha das causas da súa caída. Outra causa sería o cariz cada vez máis [[autoritario]] que o seu réxime fora tomando desde a independencia de Ghana.
 
Se ben Nkrumah se declarara partidario dun réxime [[democracia|democrático]], na práctica demostrouse pouco tolerante cando a oposición puña en perigo as súas concepcións de progreso e unidade das nacións e da interpretación que daba da vontade popular. A represión do disenso era xustificada pola identificación do “goberno do pobo” coa vontade do líder electo, isto é co mesmo Nkrumah. As primeiras medidas que restrinxían as liberdades políticas no país foran unha resposta as axitacións rexionalistas e secesionistas que acompañaran á independencia: a Deportation Act (Lei de deportación), que permitía expulsar de Ghana os cidadáns estranxeiros que apoiasen e financiasen a oposición e maila Avoidance of Discrimination Act (Lei antidiscriminación). Ambas de 1957. A última das leis vedaba os partidos de base rexional ou tribal. Pero foi máis alá, coa Preventive Detention Act (Lei de detención preventiva), de xullo de 1958, que autorizaba encarcerar por un período non superior a cinco anos, en base a simples sospeitas, a quen fose acusado de accións contra a seguranza do país.
44.135

edicións