Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-ptolemaica +tolemaica) |
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas) |
||
Liña 229:
[[Ficheiro:Galileo.arp.300pix.jpg|miniatura|esquerda|[[Galileo Galilei]].]]
En [[1609]] construíu o anteollo ocular diverxente e iniciou o estudo dos astros. Apreciou a natureza accidentada da superficie da Lúa e chegou a medir a altura dalgunha das súas montañas. Descubriu 4 satélites de [[planeta|Xúpiter]], o anel de [[planeta|Saturno]], as manchas e a rotación do Sol, as fases de [[planeta|Venus]] e numerosas estrelas descoñecidas até entón. Todas estas novidades viñan a corroborar as ideas de [[Copérnico]], das que Galileo se declarou decidido partidario. Até aquel momento a teoría copernicana non suscitara demasiadas preocupacións na igrexa romana. Pero Galileo sostiña a tese de que os designados naquela época "matemáticos" (Copérnico e el mesmo) pretendían falar en tanto que "filósofos", isto é, en termos de realidade, non de simples hipóteses de traballo. E en [[1632]], data de publicación do seu fundamental libro ''Dialogo sopra due massimi sistemi del mondo, tolemaico e copernicano'' (Diálogo sobre os dous máximos sistemas do mundo, o tolemaico e o copernicano), no que nega a inmobilidade da Terra, que non só contradicía as opinións aristotélicas e tolemaicas sobre o mundo, profundamente enraizadas na ensinanza oficial —que dependía naquel tempo case por enteiro da Igrexa—, senón que se opoñía tamén aos relatos bíblicos sobre a orixe do mundo interpretados de maneira literal. Foi denunciado á Inquisición, perante a cal compareceu en [[1633]]. O proceso durou vinte días, e nel Galileo
Máis tarde [[Johannes Kepler]] desenvolvería as leis empíricas dos movementos dos corpos celestes, mentres que [[Huygens]] describía a [[forza centrífuga]]. [[Isaac Newton]] unificaría estas achegas descubrindo a [[Gravidade|gravitación universal]].
|