Acueduto da Carioca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
Liña 6:
[[Ficheiro:Aqueduto da Carioca Transformado em Viaduto para Bondes (Rio de Janeiro - Brasil) - 1896.jpg|dereita|miniatura|Acueduto da Carioca, Río de Xaneiro, Brasil ([[Marc Ferrez]], 1896).]]
 
Os primeiros estudos para traer as [[auga]]s do [[río Carioca]] para a cidade remontan a [[1602]], por determinación do entón gobernador da [[Capitanía de Río de Xaneiro]], Martim Correia de Sá (1602-1608). En [[1624]], un contrato para a construción do primitivo conduto foi firmado con Domingos da Rocha, que non chegou a iniciar os traballos. En [[1660]] a penasapenas 600 [[braza]]s de [[canalización|canos]] estaban asentadas, tendo as obras recibido impulso en [[1706]], co goberno de D. Fernando Martins Mascarenhas Lancastro (1705-1709).
 
En [[1718]], co goberno de Antônio de Brito Freire de Menezes (1717-1719), inicíaronse as obras de instalación dos canos de auga a través da antiga Rúa dos Barbonos (actual Rúa Evaristo da Veiga). Co goberno de Aires de Saldanha de Albuquerque Coutinho Matos e Noronha (1719-1725), en [[1720]] o encanamento alcanzaba o Campo da Ajuda (actual Cinelândia), aínda nos arrabaldes da cidade na época. Foi este gobernador quen, alterando o proxecto orixinal, defendeu a vantaxe de prolongar a obra até ao Campo de Santo Antônio (actual Largo da Carioca), optando polos chamados ''Arcos Velhos'' – un acueduto unindo o morro do Desterro (actual morro de Santa Teresa) ao morro de Santo Antônio, inspirado no [[Acueduto das Águas Livres]], que entón comezaba a se erguer en [[Lisboa]]. A obra estaba concluída en [[1723]], levando as aguas á Fonte da Carioca, [[chafariz]] erguido tamén nese ano, que as distribuía á poboación no referido Campo de Santo Antônio.