Christopher McCandless: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
arranxo
Liña 38:
O garda forestal Peter Christian, do [[Alaskan Park]], escribiu: ''Estou decote exposto ao que chamo o "Fenómeno McCandless". Son case sempre homes novos os que veñen a Alaska para desafiarse a si mesmos contra unha paisaxe deserta, onde o acceso é difícil e as posibilidades de rescate son practicamente inexistentes. […] Cando vostede considera o que fixo McCandless, desde a miña perspectiva, vese axiña que foi simplemente tonto, tráxico, e desconsiderado. Primeiro, empregou moi pouco tempo na aprendizaxe de como era realmente a vida salvaxe. Chegou ao [[Stampede Trail]] incluso sen un mapa da área. Se tivese un mapa podería saír sen dificultades. […] Esencialmente, Chris McCandless suicidouse''.
 
Judith Kleinfeld escribiu no ''[[Anchorage Daily News]]'' que ''moitos habitantes de [[Alasca - Alaska|Alaska]] reaccionaron con rabia fronte á súa estupidez. Tería que ser un completo idiota, afirman, para morrer de inanición en pleno verán a 20 millas da estrada''.
 
A súa vida e figura son paralelas á de [[Everett Ruess]], que viviu en circunstancias parecidas pero que desapareceu misteriosamente no deserto de [[Utah]].