Xeodesia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
engado referencia
Liña 1:
A '''Xeodesiaxeodesia''',<ref>{{DRAG|xeodesia}}</ref> é a disciplina científica que se ocupa das medidas e representación da [[Terra]], o seu campo [[gravidade|gravitatorio]] e fenónemos xeodinámicos, nun espazo en tres dimensións de tempo variable.
 
A xeodesia ocúpase principalmente do posicionamento e o campo gravitatorio e os aspectos xeométricos das súas variacións temporais, ainda que pode tamén incluir o estudio do [[campo magnético]] terrestre.
 
A forma da [[Terra]] é en gran medida o resultado da súa rotación, que causa un avultamento ecuatorial, e a competición de procesos xeolóxicos coma a colisión de placas tectónicas e o [[vulcanismo]], ós que se resiste ó campo gravitatorio da terra. Isto aplícase á superficie sólida ([[oroxenia]]; poucas montañas son máis altas de 10&nbsp;km, poucas subducións submarinas son máis profundas ca iso.) De forma simplificada, unha montaña tan alta coma, por exemplo, 15&nbsp;km, produciría unha [[presión]] na súa base tan grande, debido á gravidade, que a roca pasaría a estado [[plástico]], e a montaña retrocedería a unha altura duns 10&nbsp;km en un tempo xeolóxico insignificante. (En Marte, cunha gravidade superficial menor, o volcán máis grande, o [[Monte Olimpo, Marte|monte Olimpo]], ten 27&nbsp;km de altura, unha altura que non podería manter na Terra.) A gravidade afecta de forma similar á superficie líquida e á [[atmosfera terrestre|atmosfera]] terrestre. Por esta razón, o estudio do [[campo gravitatorio]] da Terra é considerado como unha parte da xeodesia, chamada [[xeodesia física]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}