Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Socio-económico > socioeconómico.
Liña 84:
== Argumentos en favor da globalización ==
É importante anotar que entre os partidarios do desenvolvemento económico e social, existen correntes con visións atopadas e radicalmente diferentes na súa percepción sobre os beneficios da globalización; é o caso do [[Libertarismo|liberalismo libertario]] e o [[neoconservadorismo]] no político, ou a [[Escola Austríaca de Economía|escola austríaca]] e o [[monetarismo]]/[[Economía neoclásica|escola neoclásica]] na doutrina económica.
* Os [[Libertarismo|liberais libertarios]] e outros partidarios do [[laissez-faire]] (''deixen facer, deixen pasar'') capitalista din que os altos niveis de liberdades políticas e económicas, na forma de [[democracia]] e [[capitalismo]], foron fins valuables en si mesmo no mundo desenvolvido e produciron altos niveis de riqueza material. Eles ven na globalización un proceso benéfico de extensión da liberdade e o capitalismo.<ref name="The End of Poverty">{{cita libro | apelidos= Sachs | nome= Jeffrey | ano= 2005 | título= The End of Poverty | editorial= The Penguin Press | localización= Nova York| id= 1-59420-045-9}}</ref>
 
* Aqueles que apoian o [[libre comercio]] proclaman que o aumento tanto da prosperidade económica como de oportunidades, especialmente nos países en desenvolvemento, incrementa as liberdades civís e levaos a un razoamento de recursos máis eficientes. As teorías económicas da [[vantaxe comparativa]] suxiren que o mercado libre produce tal razoamento efectivo de recursos, a maior beneficio de todos os países que estean desenvolvidos. En xeral, isto conduce a redución de prezos, máis empregos, incremento na produción e de [[nivel de vida|niveles de vida]] especialmente para os que viven en países en desenvolvemento.<ref name="The End of Poverty" /><ref name="World Bank, Poverty Rates, 1981 - 2002">{{Cita web|url=http://siteresources.worldbank.org/DATASTATISTICS/Resources/table2-7.pdf |título=World Bank, Poverty Rates, 1981 - 2002|dataacceso=4 de xuño de 2007}}</ref>
 
* Existen tamén os chamados "globalistas" ou "mundialistas", que propoñen unha "globalización democrática". Eles cren que a primeira etapa da globalización, orientada ao mercado ou os asuntos económicos, debe ser seguida por unha etapa de creación de institucións políticas globais que representen as visións ou aspiracións do "[[cidadán do mundo|cidadán mundial]]". A súa diferenza con outros "globalistas" é que eles non definen por adiantado unha ideoloxía para orientar esta vontade, deixándoa á vontade deses cidadáns a través dun proceso democrático
 
* Propoñentes da globalización argumentan que o movemento antiglobalización é proteccionista e usa evidencias puntuais e anecdóticas para apoiar as súas visións, mentres que as fontes estatísticas provén un apoio forte á globalización.
 
* A pesar de que algúns o discuten, a [[Pobreza relativa|desigualdade do ingreso]] a nivel mundial parece estar a decrecer, como o economista [[Xavier Sala i Martín]] argumentou en 2007 - [http://www.heritage.org/research/features/index/chapters/htm/index2007_chap1.cfm].<ref>[http://www.columbia.edu/~xs23/papers/worldistribution/NYT_november_27.htm David Brooks, ''"Good News about Poverty"'']</ref> Deixando de lado quen ten a razón, pódese alegar que máis importante é a medida de [[pobreza absoluta]]: se todos vivisen na miseria, a desigualdade de ingresos seria moi baixa.
 
* Desde 1981 ao 2001, de acordo a figuras do Banco Mundial, o número de persoas que viven cun dólar ou menos de ingreso ao día declinou en termos absolutos de mil cincocentos millóns de persoas a mil cen millóns. Ao mesmo tempo, a poboación do mundo aumentou. Así pois, en termos porcentuais o número de tales persoas declinou nos países en desenvolvemento do 40% a 20%. da poboación.<ref>"How Have the World's Poorest Fared Since the Early 1980s?" by Shaohua Chen and Martin Ravallion. [http://econ.worldbank.org/external/default/main?ImgPagePK=64202990&entityID=000112742_20040722172047&menuPK=64168175&pagePK=64210502&theSitePK=477894&piPK=64210520]
</ref> coas maiores diminucións tendo lugar nas economías que reduciron máis as barreiras ao comercio e investimento. Con todo, algúns críticos advirten que seria conveniente usar medidas máis detalladas da pobreza.<ref>[http://web.archive.org/web/http://www.transnational.org/features/chossu_worldbank.html Michel Chossudovsky, "Global Falsehoods".]</ref>
 
* A porcentaxe de persoas que viven con menos de dous dólares de ingreso ao día caeu moito en áreas afectadas pola globalización, mentres que as taxas de pobreza permaneceu estable noutras áreas. En Asia do leste, incluíndo China, esa porcentaxe decaeu nun 50.1&nbsp;%, comparado cun incremento do 2.2&nbsp;% na África subsahariana.<ref name="World Bank, Poverty Rates, 1981 - 2002" />
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}