Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m pequeña edición, el imperio romano de oriente fue la parte del imperio romano que sobrevivió hasta 1453, y no procede de la ''caída'' del imperio porque era el mismo imperio romano.
Liña 123:
==== A política exterior ====
 
Durante estes anos, a crise en que se ve sumido o [[abbásida|califato abasíabbásida]], principal inimigo do Imperioimperio en Orienteoriente, debilita considerabelmente a ofensiva islámica. Con todo, os novos Estadosestados [[musulmáns]] que xurdiron como resultado da disolución do califato, principalmente os [[aglabí]]s do Nortenorte de África e os [[fatimí]]s de Exipto, loitaron duramente contra os bizantinos pola supremacía no Mediterráneo oriental. Ao longo do século IX, os musulmáns arrebataron definitivamente Sicilia ao Imperioimperio. [[illa de Creta|Creta]] xa fora conquistada polos árabes enno ano 824. O [[século X]] foi unha época de importantes ofensivas contra o Islamislam, que permitiron recuperar territorios perdidos moitos séculos antes: [[Nicéforo Focas]] (963-969) reconquistou o norte de Siria, incluíndo a cidade de Antioquía (969), así como as illas de Creta (961) e [[Chipre]] (965).
 
O grande inimigo occidental do Imperio durante esta etapa foi o Estado búlgaro. Convertida ao cristianismo a mediados do século IX, Bulgaria alcanzou o seu apoxeo en tempos do tsar [[Simeón I de Bulgaria|Simeón]] (893-927), educado en Constantinopla. Desde 896 o Imperio estivo obrigado a pagar un tributo a Bulgaria, e, en 913, Simeón estivo a piques de atacar a capital. Á morte deste monarca, en 927, o seu reino comprendía boa parte de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e de [[Tracia]], xunto con [[Serbia]] e [[Albania]]. O poder de Bulgaria foi con todo declinando durante o século X, e, a principios do século seguinte, [[Basilio II]] (976-1025), chamado ''Bulgaróctonos'' ("matador de búlgaros") invadiu Bulgaria e anexionouna ao Imperioimperio, dividíndoa en catro ''themata''.
 
[[Ficheiro:Map Byzantine Empire 1025-gl.svg|centro|800px|O Imperio Bizantinobizantino á morte de Basilio II]]
 
Un dos feitos máis decisivos, e de efectos máis duradeiros, desta época foi a incorporación dos [[pobo eslavo|pobos eslavos]] á órbita cultural e relixiosa de Bizancio. Na segunda metade do século IX, os [[monxe]]s de [[Tesalónica]] [[Metodio]] e [[Cirilo]] foron enviados a evanxelizar [[Moravia]] a petición do seu monarca, [[Ratislao]]. Para levar a cabo a súa tarefa crearon, partindo do dialecto eslavo falado en Tesalónica, unha lingua literaria, o [[antigo eslavo eclesiástico]] ou litúrxico, así como un novo alfabeto para poñela por escrito, o [[alfabeto glagolítico]] (logo substituído polo [[alfabeto cirílico]]). Aínda que a misión en Moravia fracasou, a mediados do século X produciuse a conversión do [[principado de Kiev]], quedando así baixo a influencia de Bizancio un estado de extensión moito maior que o propio Imperioimperio.
 
As relacións con Occidenteoccidente foron tensas desde a coroación de [[Carlomagno]] (800) e as pretensións dos seus sucesores ao título de emperadores romanos e ao dominio sobre Italia. Durante toda esta etapa, malia a perda de Sicilia, o Imperioimperio seguiu tendo unha enorme influencia no sur da península itálica. As tensións con [[Odón I, Emperador|Odón I]], quen pretendía expulsar aos bizantinos de Italia, resolvéronse mediante o matrimonio da princesa bizantina [[Teófano]], sobriña do emperador bizantino [[Xoán Tzimiscés]], con [[Odón II, Emperador|Odón II]].
 
==== A política relixiosa ====