Jerónimo Zurita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 4:
Naceu en Zaragoza en 1512 e en [[Alcalá de Henares]] estudou [[retórica]], [[lingua latina|latín]] e [[lingua grega|grego]] co coñecido [[helenista]] [[Hernán Núñez]]. Non deixou de aprender ademais varias linguas modernas, como o francés, o italiano, o portugués, e o catalán. En [[1530]], e grazas á influencia do seu pai [[Miguel de Zurita]], que foi médico de [[Fernando II de Aragón|Fernando o Católico]] e [[Carlos I de España|Carlos I]], conseguiu o posto de maxistrado da cidade de [[Barbastro]] e [[continuo]] da Casa Real, para, pouco máis tarde, ser nomeado baile (xuíz ordinario) de [[Huesca]].
 
Foi nomeado asistente-secretario da [[Inquisición española|Inquisición]] ao servizo do cardeal [[Juan Tavera]], que desempeñaba os cargos de membro do Consello de Estado, [[inquisidor xeralxeneral]] e [[arcebispo de Toledo]] en [[1537]]. Pasa a ser [[cronista]] do [[Reino de Aragón]] en [[1548]] e en [[1566]] [[Felipe II de España|Felipe II]] noméao secretario para o concilio da Inquisición, e secretario do seu Consello e Cámara, delegando nel todos os asuntos de suficiente importancia como para requirir a firma do rei.
 
Tras obter unha [[sinecura]] en Zaragoza renuncia aos seus anteriores cargos o [[21 de xaneiro]] de [[1571]] para dedicarse por completo á composición dos seus ''[[Anais da Coroa de Aragon]]'', cuxo primeiro tomo aparece en [[1562]]. Viviu para ver o último volume publicado en Zaragoza o [[22 de abril]] de [[1580]]. Morre o [[3 de novembro]] dese mesmo ano.