UCAM Murcia Club de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
actualizo uniformes
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 58:
Na tempada 2012/2013 xoga en [[Segunda División B]] ocupando a vacante deixada polo [[Orihuela CF]] tras o seu descenso administrativo.<ref>[http://www.laopiniondemurcia.es/murcia/2012/07/19/ucam-murcia-ocupa-vacante-orihuela-llega-categoria-bronce/416639.html O UCAM Murcia ocupa a vacante do Orihuela e chega á categoría de bronce.]</ref> O equipo dirixido por Luis García Tevenet está moi preto de lograr a permanencia, chegando á última xornada con opcións de salvación. Con todo, non se se produce a combinación de resultados necesaria e confírmase o descenso do conxunto universitario.
 
Na tempada 2013/2014, con Gabi Correa no banco, o Universidad Católica de Murcia C. F. comeza unha nova etapa na [[Terceira división española de fútbol|Terceira División]], proclamándose campión do grupo XIII o [[17 de abril]] de [[2014]] no seu partido contra o [[Olímpico de Totana]]. Ese logro chegaba a falta de tres xornadas para que acabase a liga. Tras lograr o primeiro posto, o UCAM Murcia CF afrontaba a súa eliminatoria de ascenso directo a [[Segunda B]] fronte ao [[Real Betis B]], logrando o salto de categoría despois de impoñerse ao filial verdibranco por 2-1 no partido de ida e empatando, 1-1, no encontro de volta disputado na Cidade Deportiva Luis del Sol.
 
A tempada 2014/15 comeza coa contratación de Pedro Luis Reverte Carrión como director deportivo e Eloy Jiménez como adestrador do Universidad Católica de Murcia C.F. Posteriormente, alcánzase un acordo co Concello de [[Murcia]] mediante o cal, o [[Estadio de La Condomina]] pasa a converterse no novo escenario do club para a disputa dos seus partidos oficiais. Esa campaña, o equipo termina en segunda posición no Grupo IV de [[Segunda División B]]. Na fase de ascenso a Segunda, tras eliminar á [[Real Unión de Irún]] cae contra o [[Bilbao Athletic]], que posteriormente subiría en [[Cádiz]].