Bob Dylan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Década de 2000: arranxiño
Liña 85:
| url=http://www.rollingstone.com/search?q=Like+a+Rolling+Stone&x=15&y=11 | título = Like a Rolling Stone | dataacceso = 4-01-2013| autor = Rolling Stone}}</ref> O seu son característico, cun [[riff]] de órgano e unha banda completa, tamén caracterizou ao seguinte traballo de estudo, ''[[Highway 61 Revisited]]'', titulado como homenaxe á estrada que trasladou a Dylan desde [[Minnesota]] ata o fervedoiro musical de [[Nova Orleans]].<ref>Gill, 1999, ''My Back Pages'', pp. 87-88. ISBN 1-85868-599-0</ref> As cancións do álbum seguían o mesmo ronsel do sinxelo, con ladaíñas surrealistas favorecidas pola guitarra blues de [[Mike Bloomfield]], pola sección rítmica e polo son característico do órgano de [[Al Kooper]]. A única excepción ofrécea "[[Desolation Row]]", última canción do álbum, cunha visión apocalíptica na que Dylan trata de transmitir referencias surreales a numerosas figuras da cultura occidental durante os seus once minutos e medio de duración. Andy Gill escribiu: "«Desolation Row» é un [[Épica|poema épico]] de once minutos de entropía que toma a forma dun desfile [[fellini]]ano de imaxes grotescas e extravagantes, no que aparece un enorme elenco de personaxes icónicos, algúns deles históricos ([[Albert Einstein|Einstein]], [[Nerón]]), algúns bíblicos ([[Noé]], [[Caín]] e [[Abel]]), algúns ficticios ([[Ofelia (personaxe)|Ofelia]], [[Romeo e Xulieta|Romeo]], [[Cenicienta]]), algúns literarios ([[T. S. Eliot]] e [[Ezra Pound]]) e outros que non encaixan en ningunha das categorías anteriores, en particular o Dr. Filth ["Dr. Sucidade"] e a súa dubidosa enfermeira".<ref>Gill, ''My Back Pages'', p. 89. ISBN 1-85868-599-0</ref>
 
Como promoción do álbum, Dylan tiña previsto realizar dous concertos en Estados Unidos e intentou conformar unha banda. [[Mike Bloomfield]] non estaba disposto a abandonar Butterfield Band, polo que Dylan escolleu a [[Al Kooper]] e a [[Harvey Brooks]] dos [[músico de sesión|músicos de sesión]] que traballaron en ''Highway 61 Revisited'' e a músicos de directo como [[Robbie Robertson]] e [[Levon Helm]], coñecidos polo seu traballo como banda de apoio de [[Ronnie Hawkins]] en [[The Band|The Hawks]].<ref>{{cita web | url = http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9B0DE2DA103DF932A35752C1A961948260 | título = Recordings; Robbie Robertson Waltzes Back Into Rock | data = 1 de noviembrenovembro de 1987 |dataacceso = 22/01/2013 | autor = [[The New York Times]]}}</ref> O 28 de agosto, un público aínda molesto co son eléctrico de Dylan interrompeu ao grupo en [[Forest Hills]]. A recepción da banda o 2 de setembro no [[Hollywood Bowl]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] foi máis favorable.<ref>Sounes, ''Down The Highway: The Life Of Bob Dylan'', pp. 189-90. ISBN 0-8021-1686-8</ref>
 
Mentres Dylan e The Hawks atopábanse con públicos cada vez máis receptivos durante a xira, os seus esforzos no estudio non foron do todo positivos. En febreiro de 1966, o productor [[Bob Johnston]] persuadiu a Dylan para gravar en [[Nashville]], [[Tennessee]], buscándolle unha base de músicos de sesión cos que gravar. Por insistencia de Dylan, Robertson e Kooper acudiron a Nashville para participar nas sesións.<ref>Heylin, ''Bob Dylan: Behind the Shades Revisited'', pp. 238-243. ISBN 0-06-052569-X</ref> Ditas sesións deron como resultado o dobre álbum ''[[Blonde on Blonde]]'', que incluía o que posteriormente o propio Dylan definiu como "ese son delgado e de mercurio salvaxe".<ref>{{cita web | url = http://www.interferenza.com/bcs/interw/play78.htm | título = ''Playboy'' interview with Bob Dylan, March 1978 | autor = Ron Rosenbaum | data = 28 de febreiro de 1978 | dataacceso = 27/01/2013}}</ref> Al Kooper describiu o álbum dicindo que "toma dúas culturas e faias colisionar producindo unha enorme explosión": o mundo musical de Nashville e o mundo do "''hipster'' quintaesencial neoyorquino", Bob Dylan.<ref>Gill, ''My Back Pages'', p. 95. ISBN 1-85868-599-0. Chamábase nos anos 1960 ''hipster'' a unha persoa que está ao corrente das últimas tendencias en música, moda etc.</ref>