Magosto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Localización e características: corrixo lig. a Cotobade
Liña 10:
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou ''sinalar'') as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
 
No lugar de [[Insuela, Loureiro, Cerdedo-Cotobade|Insuela]] (de Loureiro, [[Cerdedo-Cotobade]]) era costume facer o magosto sobre unha pedra do Outeiro de Muimenta que tiña sona de propiciatoria para que as parellas puidesen ter fillos se se deitaban nela.
 
Hoxe en día ásanse nuns tambores metálicos colocados sobre o lume ou nuns tixolos especiais para este uso.