Diferenzas entre revisións de «Licinio»

*Cada quen > cadaquén.
(Desfíxose a edición 4090866 de CommonsDelinker (conversa)+foto)
(*Cada quen > cadaquén.)
Toda a súa educación foi militar e salientou na loita contra os persas, e toda a súa carreira estivo unida a [[Galerio]], amigo persoal.
 
Coa morte de [[Constancio Cloro]] e a proclamación polas tropas do seu fillo [[Constantino I o Grande|Constantino]] como emperador, e a proclamación de [[Maxencio]] no canto do seu pai [[Maximiano]], quen tería que abdicar. Pero este negouse, de xeito que nun mesmo intre había sete altos maxistrados, entre augustos e césares, para o goberno do Imperio, cada quencadaquén sen recoñecer o seu contrario. Esta situación estaba a piques de malograr toda a obra de [[Diocleciano]] e a súa tetrarquía. Para iso [[Galerio]], como emperador decano e garante do sistema, convocou o cumio de ''Carnuntun'' no 308. Mais nesa reunión non se acordou unha solución definitiva, senón que se nomeou a Constantino e Maxencio para a parte occidental do Imperio, mentres que para o Oriente subiu a emperador Licinio e mais [[Maximino Daia]], sobriño de [[Galerio]].
 
As loitas entre os distintos augustus e césares foi xa inmediata para facerse co poder. En Occidente, Constantino venceu a Maxencio na batalla da [[Ponte Milvio]] no ano 312.
10.315

edicións