Patoloxía humoral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Cada quen > cadaquén.
Liña 2:
Desde tempos de [[Hipócrates]] e [[Galeno]], a orixe das [[enfermidade]]s explicábase mediante a '''teoría dos catro humores''', segundo a cal o corpo humano contiña catro líquidos ou humores en catidades e proporcións determinadas. Se, por calquera causa, rompíase este equilibrio, producíase a enfermidade. Esta '''patoloxía humoral''' mantívose case sen discusión ata mediados do [[século XIX]], cando nace a [[medicina]] moderna.
 
A teoría dos humores sostén que no corpo humano hai catro humores básicos: bile negra, [[bile]] ou bile amarela), flegma e sangue. As proporcións entre uns e outros variaba entre as diferentes persoas, en función da [[dieta]] e da actividade de cada quencadaquén, pero mantiñan unha situación de equilibrio dentro de cada individuo. Cando se producía unha diminución (como tal, por unha [[hemorraxia]] ou unha [[diarrea]]) ou un aumento (como tal, na [[obesidade]] ou na conxestión) en calquera deles, a saúde da persoa resentíase e alterábase, no que consideraban enfermidade.
 
Inicialmente os humores eran moitos máis pero Hipócrates concretounos en catro: sangue, flegma, bile amarela e auga. Posteriormente, [[Polybos]] substituíu a auga pola bile negra, trala observación clínica da hematemese, melena ou hemoglobinuria.