Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

m
→‎Apoio vital e uso recreativo: Avión (medio de transporte)
m (anaerobio)
m (→‎Apoio vital e uso recreativo: Avión (medio de transporte))
Os [[buceo|mergulladores]] e os tripulantes de [[submarino]]s tamén usan O<sub>2</sub> artificialmente proporcionado, pero a maioría usan unha presión normal ou unha mestura de osíxeno e aire. O uso de O<sub>2</sub> puro ou case puro en buceo a presións por encima do nivel do mar limítase xeralmente aos descansos, descompresións e tratamentos de urxencia a relativamente pouca profundidade (~6 metros ou menos). O buceo a maior profundidade require unha dilución significativa de O<sub>2</sub> con outros gases, como nitróxeno ou helio, para axudar a previr a [[toxicidade do osíxeno]].<ref name="Acott">{{cita publicación periódica|apelidos=Acott|nome=C.|título=Oxygen toxicity: A brief history of oxygen in diving|revista=South Pacific Underwater Medicine Society Journal|volume=29|número=3|ano=1999|issn=0813-1988|oclc=16986801|url=http://archive.rubicon-foundation.org/6014}}</ref><ref name="Longphre">{{cita publicación periódica|apelidos=Longphre|nome=J. M.|apelidos2=Denoble|nome2=PJ|apelidos3=Moon|nome3=RE|apelidos4=Vann|nome4=RD|apelidos5=Freiberger|nome5=JJ|título= First aid normobaric oxygen for the treatment of recreational diving injuries|revista=Undersea Hyperb Med.|volume=34|número=1|páxinas =43–49|ano=2007|issn=1066-2936|oclc=26915585|pmid=17393938|url=http://archive.rubicon-foundation.org/5514}}</ref>
 
Os escaladores de montaña e os que viaxan en [[Avión (medio de transporte)|avión]]s non presurizados ás veces teñen un suplemento de O<sub>2</sub>.{{Efn|A razón é que, incrementando a proporción de osíxeno no gas respiratorio a baixa presión, aumenta a presión parcial do O<sub>2</sub> inspirado ata preto da do nivel do mar.|group=lower-alpha}} Os pasaxeiros de avións comerciais (presurizados) teñen un fornecemento de O<sub>2</sub> para urxencias, que se lles pon automaticamente á súa disposición en caso de despresurización da cabina. Unha perda repentina de presión na cabina activa [[xerador químico de osíxeno|xeradores químicos de osíxeno]] sobre cada asento e fanse caer [[máscara de osíxeno|máscaras de osíxeno]]. Ao tirar da máscara para comezar o fluxo de osíxeno, tal e como indican as instrucións de seguridade, fórzanse as limaduras de ferro no [[clorato de sodio]] dentro do recipiente. Prodúcese, entón, un chorro constante de osíxeno debido á [[reacción exotérmica]].<ref name="NBB301"/>
 
O osíxeno, como substancia cun suposto efecto eufórico suave, ten unha historia de uso recreativo en [[deporte]]s e [[bar de osíxeno|bares de osíxeno]]. Estes son establecementos que apareceron en [[Xapón]], [[California]] e [[Las Vegas, Nevada|Las Vegas]] a finais dos anos 1990 que ofertan exposicións a niveis de O<sub>2</sub> superiores ao normal a cambio dunha determinada tarifa.<ref name="FDA-O2Bars">{{cita web|url=http://www.fda.gov/Fdac/features/2002/602_air.html| título=Oxygen Bars: Is a Breath of Fresh Air Worth It?|apelidos=Bren|nome=Linda|páxina-web=FDA Consumer magazine|editorial=U.S. Food and Drug Administration|data=2002|dataacceso=22 de xullo de 2012|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20071018041754/http://www.fda.gov/Fdac/features/2002/602_air.html|dataarquivo=18 de outubro de 2007|urlmorta=si}}</ref> Os atletas profesionais, especialmente en [[fútbol americano]], tamén saen do campo en ocasións, durante os descansos, para poñerse máscaras de osíxeno e obter unha estimulación no seu xogo. O efecto farmacolóxico é dubidoso e o [[efecto placebo]] é a explicación máis factible.<ref name="FDA-O2Bars"/> Existen estudos que apoian esa estimulación con mesturas de O<sub>2</sub> enriquecido, pero só se se inhalan ''durante'' o exercicio aerobio.<ref>{{cita web|url=http://www.pponline.co.uk/encyc/ergogenic-aids-can-increasing-oxygen-levels-improve-sports-performance-95|título= Ergogenic Aids|dataacceso=22 de xullo de 2012|páxina-web=Peak Performance Online |urlarquivo = http://web.archive.org/web/20070928051412/http://www.pponline.co.uk/encyc/1008.htm |dataarquivo = 28 de setembro de 2007}}</ref>
68.670

edicións