Pob. 1280: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Trama: Arranxos using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Sheriff > shériff.
Liña 27:
== Trama ==
 
O protagonista é [[Nick Corey]], o [[sheriffshériff]] do condado de Potts, cunha poboación "de 1.280 almas" (que se verá reducida ao final da historia). Corey preséntase como un completo parvo: simple, acomodado e preguiceiro, que vive do seu soldo do condado. Vive coa súa muller Myre e o seu cuñado idiota, se ben ten como amante a Rose Hanck. Enfróntase á campaña electoral para o posto de sheriffshériff, ao que tamén se presenta Sam Gaddis.
 
Logo de visitar a Ken Lacey, o sheriffshériff dun condado veciño, regresa á súa vila e mata dous proxenetas da barra americana do outro lado do río. Tom Hanck (marido da súa amante) bate no tío John (un negro camorrista), e o sheriffshériff interponse, facendo quedar mal a Tom perante os seus veciños. Despois mátaos aos dous (ao marido para quedar con Rose e ao negro para que non se chivase). Fai crer a Robert Lee Jefferson (o ferreteiro da vila) que entre a veciñanza se fala mal do outro candidato. Reencóntrase con Amy, a moza coa que ía casar, e fode con ela.
 
Após unha [[analepse]] na que conta como coñeceu a súa muller, acompaña a Rose á súa casa, xa que é amiga da súa esposa. A vila acepta a teoría de que Tom e o negro John se mataran entre eles, e Rose dille ao sheriffshériff que tiña un seguro de vida, e que trala morte do seu marido vai ser rica, e proponlle marcharen xuntos. Despois marcha de novo onda Amy, e ela dille que mirou como mataba os dous proxenetas. Iníciase un incendio no barrio negro, como represalia pola morte de Tom, e organízase unha reunión entre os personaxes poderosos da vila. Para recuperar a confianza entre a poboación, Nick dedica todo un sábado a facer campaña para a súa reelección como sheriffshériff. Pasa a noite con Amy e ao amencer vai con Rose. O domingo pola mañá, á saída de [[misa]], deixa quedar mal ao outro candidato.
 
Chega un detective para investigar a morte dun dos proxenetas. A maioría da xente pensa que foi Ken (o sheriffshériff do outro condado) quen o matou. Nick vai á de Rose seguido do seu cuñado. Este chívase á muller do sheriffshériff, que aparece na casa de Rose cunha cámara fotográfica, e obriga a Lennie a deitarse con Rose. A obra remata cunha conversa ben profunda entre Nick e Buck (o axudante do sheriffshériff Ken).
 
== Narración ==
A obra está narrada en [[primeira persoa]]. Conta con aspectos autobiográficos do autor, fillo dun sheriffshériff. Conta cun estilo cómico e un [[léxico]] popular, basto e bocalán. O [[espazo]] principal é a vila rural de Pottsville, con visitas ao condado veciño, posiblemente ambos os dous do estado de [[Texas]]. Hai moita acción en espazos pechados, especialmente as vivendas de Rose, Amy e o sheriffshériff. O tempo atmosférico ten certa importancia, sendo crucial a escuridade das noites e a [[choiva]].
 
O [[tempo histórico]] é [[1917]], durante a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]]. O tempo narrativo dura uns dez días, amais da analepse sobre a voda. A acción inclúe episodios diúrnos e nocturnos.
Liña 47:
* Rose Hanck (amante de Nick).
* Tom Hanck (marido de Rose).
* Ken Lacey (sheriffshériff do condado veciño).
* Buck (axudante de Ken).
* Cameron ''Curly'' Tramell e Moose (proxenetas).
* Robert Lee Jefferson (ferreteiro).
* Sam Gaddis (candidato a sheriffshériff).
* Tío John (negro borrachón).