Hiato (gramática): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
En galego pode haber hiato nos seguintes casos:
 
* Dúas [[Vogal aberta|vogais abertas]] (''a'', ''e'', ''o'') seguidas: ''aéreo (a-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-cer)''.
* Unha vogal aberta ou media e unha [[Vogal pechada|pechada]] (''i'', ''u'') tónica. Neste caso a sílaba tónica está marcada con acento gráfico: ''raíña (ra-í-ña), dúas (dú-as), acotío (a-co-tí-o), saúde (sa-ú-de), díese (dí-e-se), posúe (po-sú-e), correúdo (co-rre-ú-do)''.
* Dúas vogais pechadas e o acento recae sobre a segunda (agás que a secuencia vaia precedida dos fonemas /k/ ou /g/). Neste caso a sílaba tónica é marcada cun acento gráfico: ''diúrno (di-úr-no), miúdo (mi-ú-do), oriúndo (o-ri-ún-do), viúvo (vi-ú-vo), muíño (mu-í-ño), xuízo (xu-í-zo)''. E nas formas flexionadas destas palabras ou nos derivados delas, aínda que estean en posición átono: ''miudezas (mi-u-de-zas), axuizar (a-xu-i-zar), muiñeiro (mu-i-ñei-ro)''.
 
Emprégase a [[diérese]] para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en -''aer'', -''oer'', -''aír'', -''oír'' e -''uír'': ''moïamos, moïades''. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.
 
== Esquema de hiatos en galego ==
 
=== Vogais abertas iguais ===
* aa: ''Caamaño'', ''contraalmirante'', ''contraataque'', ''contraaviso'', ''gardaagullas'', ''graal'', ''portaavións'', ''saami.''
* ee: ''areeiro'', ''areento'', ''baleeiro'', ''cadeeira'', ''cafeeira'', ''candeeiro'', ''centeeiro'', ''clareeira'', ''cordeeiro'', ''derreira'', ''lampreeiro'', ''neerlandés'', ''norteeuropeo'', ''padeeiro'', ''preeiro'', ''preelectoral'', ''preeminencia'', ''preescolar'', ''preexistir'', ''rebeleeiro'', ''randeeira'', ''reedición'', ''reedificar'', ''reeducar'', ''reelabora'', ''reelixir'', ''reembolso'', ''reencarnar'', ''reencontro'', ''sobreeixe'', ''sobreentender'', ''sobreestimación'', ''viseense'', ''xeeira.''
* ii: ''antiimperialismo'', ''antiinflamatorio'', ''diiambo.''
* oo: ''antozoos'', ''azoospermia'', ''briozoos'', ''cooficial'', ''cooperativa'', ''cooptar'', ''coordenada'', ''coordinar'', ''desloor'', ''espermatozoo'', ''heliozoo.''
* uu: ''contínuum'', ''duunvirato.''
 
=== Vogais abertas distintas ===
* ae: ''aedo, aéreo, aerobio, atraer, atraente, baeta, bonaerense, caedizo, caer, contraente, contraer, debaer, decaedro, decaer, decaemento, distraer, dodecaedro, enfaenado, esvaecer, esvaer, faena, gaélico, heptaédrico, hexaedro, infraestrutura, israelí, macaense, paella, paelo, portaestandarte, prerrafaelismo, quintaesencia, raedoiro, recaedela, subtraer, tabaela, traer''
* ao: ''aorístico, aorta, aórtico, arao, baobab, burelao, cacao, caoba, caolín, caos, caótico, contraofensiva, contraorde, dezaoito, extraordinario, faraón, faraónico, grao, infraoitava, lancarao, maoísmo, maorí, peirao, portaobxectos, taoísmo, tetraónidos, vao, xaora''
* ea: ''abalear, abanear, abeaca, abrótea, acalcáreas, acanear, acea, afear, airear, alardear, alcatrear. aldea, aleatorio, alurmear, amea, ameaza, apear, apnea, avea, azalea, azotea, babear, balea, basear, batea, beato, cadea, cereal, reactor, chea, leal, frear, gatear, gheada, goleada, grea, real, nomear, marea, coreano, nuclear, aldeán, deádego, deán, enneágono, freático, oceánico, pancreático, ponteareán, preámbulo, teáceas''
* eo: ''alleo, anteollos, alveolar, apoteose, apoxeo, arbóreo, areoso, aseo, ateneo, axeonllar, balanceo, xeografía, bocareo, bombardeo, bombeo, boxeo, empeorar, epicúreo, feo, fideo, freo, filisteo, galeote, ideoloxía, idóneo, ígneo, lácteo, meteorito, núcleo, óseo, pastoreo, alvéolo, aréola, auréola, bractéola, lauréola, maléolo, nucléolo, roséola, rubéola, león, acordeón, apoteótico, arqueólogo, camaleón, coleóptero, eólico, galeón, homeópata, ideólogo, meteórico, neófito, orfeón, panteón, peón, teólogo, teórico, xeógrafo''
* oa: ''aboar, abotoar, afroamericano, amalloar, améndoa, anchoa, néboa, boa, boroa, canoa, coroa, cloaca, coacción, coador, croata, doado, escoar, espádoa, galardoar, hipoacusia, impersoal, retroactivo, mágoa, malsoante, mámoa, moa, perdoar, persoa, poboar, poalla, pregoar, táboa, toalla, voar, xoanete, aminoácido, angloárabe, coágulo, padroádego, soán''
* oe: ''adoecer, algodoeiro, almoeda, áloe, amendoeira, moeda, autoescola, autoestrada, avoengo, carboeiro, centroesquerda, centroeuropeo, choer, cincoenrama, coedición, coeficiente, coello, doente, falcoeiro, framboesa, gastroenterite, groenlandés, heroe, indoeuropeo, lisboeta, macroeconomía, moer, noelo, noroeste, óboe, oeste, ortoepia, persoeiro, poeira, poesía, poeta, proemio, proeza, roedor, bóer, cóengo, camoés, feroés, isoédrico, ortoépico, poético''
 
=== Vogal pechada tónica + vogal aberta ===
* ía: ''abadía, afonía, agonía, aínda, alegría, barbaría, batería, buxía, cafetaría, carestía, día, espía, fantasía''
* úa: ''cacatúa, capicúa, dúas, falcatrúa, lúa, púa, rúa, súa, túa, xamúas''
* ío: ''adobío, amorío, asubío, bravío, calafrío, acotío, fastío, fío, frío, navío, río, tío''
* úo: ''agrúo, dúo, flúor, vacúolo''
* íe: ''díese''
* úe: ''lúes, posúe, conclúes, constitúen, contribúes, derrúes''
* aí: ''caída, faísca, hebraísmo, ladaíña, maínzo, raíña, raíz, saída, traída, ucraíno, vaído, vaíña''
* aú: ''ataúde, balaústre, baúl, cortaúnllas, graúdo, laúde, paúl, saúde, saúdo''
* eí: ''ateísmo, cafeína, cheísmo, codeína, deíctico, europeísmo, maniqueísta, proteína, politeísmo, teína, teísmo''
* eú: ''areúdo, correúdo, peúgo, teúrgo, transeúnte''
* oí: ''averroísmo, coído, desoír, doído, egoísta, heroína, maoísmo, moído, oínte, taoísmo''
 
=== Vogal pechada + vogal aberta tónica ===
* ia: ''viaxe, fiar, asubiar, liar, frialdade, arrefriado, arrefriar, arrefriamento''
* ua: ''anual, actuar''
* io: ''biombo, biopsia, biosfera''
* uo: ''fastuoso''
* ie: ''biés, diérese, dieta''
* ue: ''dueto''
* iu: ''desafiuzar, friulano''
 
=== Dúas vogais pechadas ===
* iú: ''braquiúro, catiúsca, demiúrgo, diúrno, esciúridos, fiúncho, fiúza, maiúscula, miúdo, oriúndo, oxiúro, piúria, triúnviro, viúvo, xeniúdo''
* uí: ''acuícola, acuífero, afluír, almuíña, altruísmo, atribuír, atuír, azuído, babuíno, beduíno, benxuí, bruído, buíz, casuística, circuíto, concluínte, concluír, constituído, constituínte, constituír, construír, construíble, continuísmo, contribuír. contribuínte, derruír, diminuído, druída, excluír, fluído, fluír, fortuíto, gratuíto, hinduísmo, imbuír, incluír, instituír, instruído, instruír, luír, muíño, posuír, prexuízo, prostituír, recluír, ruído, ruín, ruína, substituír, suíño, suízo, xenuíno, xesuíta, xuíz, xuízo''
 
== Véxase tamén ==