Diferenzas entre revisións de «Renacemento»

sen resumo de edición
(renacenza é sinónimo de renacemento como substantivo, non como a época artística)
Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal [[Humanismo renacentista|humanista]] e [[naturalismo|naturalista]]. O termo foi rexistrado por primeira vez por [[Giorgio Vasari]] xa no [[século XVI]], mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de [[Jacob Burckhardt]] ''A cultura do Renacemento en Italia'' (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home".<ref>[http://www.itaucultural.org.br/aplicExternas/enciclopedia_ic/index.cfm?fuseaction=termos_texto&cd_verbete=3637&cd_idioma=28555&cd_item=8 ''Renacemento''. Enciclopédia Itaú Cultural]</ref>.
 
De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da [[Idade Media]], á que calificacualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da [[Europa do norte]].
 
O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da [[Toscana]], tendo como principais centros as cidades de [[Florencia]] e [[Siena]], de onde se espallou cara o resto de [[Italia]] e despois cara practicamente todos os países da [[Europa occidental]]. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en [[Inglaterra]], [[Alemaña]], [[Países Baixos]] e, menos intensamente, en [[Portugal]] e [[España]], e nas súas colonias americanas.
7.964

edicións