Diferenzas entre revisións de «Lingua abkhaza»

m (Bot: Substitución automática de texto (-estonio +estoniano); cambios estética)
== Escrita ==
[[Ficheiro:Abxaz lat+IPA.png|miniatura|Alfabeto abkhaza.]]
A primeira mostra escrita da lingua é un glosario de palabras recollido polo viaxeiro turco [[Evliya Çelebi]], arredor de [[1640]] empregando o [[alfabeto árabe]]. A comezos do [[século XIX]] redáctase un dicionario abkhazo-ruso, inédito, conservado nun arquivo de Tiflis e de [[1840]] data unha breve descrición dun filólogo alemán. O primeiro alfabeto abkhazo deseñouno o lingüista ruso Barón [[Pedro von Uslar]] en [[1863]], baseado no dialecto Bzâp, formado por 55 carácterescaracteres, empregado na súa gramática abkhaza. En [[1865]] publicouse o primeiro libro en Abkhazo.
 
O alfabeto de Uslar sufriu diversas adaptacións ata que no [[1909]] Ch'och'ua estableceu unha nova escrita cirílica, oficializada nos primeiros tempos do réxime soviético. En [[1926]] Nicolai Marr deseña o seu Alfabeto Analítico de 75 carácterescaracteres, baseado no latino, que utilizou no ''Dicionario abkhazo-ruso''. En [[1928]] aparece o Alfabeto abkhazo Unificado de Jakovlev, baseado no latino, en [[1938]] oficialízase o alfabeto xeorxiano, pero o número de publicacións neste alfabeto foi moi escaso.
 
En [[1954]] vólvese ao [[alfabeto cirílico abkhazo|alfabeto cirílico]], deséñao un comité e segue en vigor actualmente, se ben debátese a adopción dun novo alfabeto de base latina.
284.321

edicións