Dejan Bodiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2451570
m Arranxos varios
Liña 43:
Bodiroga comezou a xogar ao [[baloncesto]] competitivo aos trece anos, xogando no Mašinac baixo a supervisión do xogador de baloncesto local Rade Prvulov. Aos quince anos xa medía 2,05 metros, polo que non tardou en ser promocionado ao primeiro equipo. Aos dezasete, nun amigábel contra o [[KK Zadar]] consegue anotar trinta e dous puntos, sendo visto xogar por [[Krešimir Ćosić]], o cal insistiu ao xogador para incorporarse ao equipo de [[Zadar]]. Bodiroga accedeu finalmente, mais tras dous anos alí estalou a [[guerra dos Balcáns]], polo que tivo que marchar fóra do país a xogar. Recibiu importantes ofertas do [[AEK Atenas BC|AEK Atenas]] (equipo que adestraba nese momento Ćosić) e do [[Olympiacos BC|Olympiacos]], con todo ambos equipos esixíanlle que adoptase a nacionalidade [[Grecia|grega]]. Bodiroga rexeitou a nacionalización, polo que optou por marchar xogar a [[Italia]].
 
En [[Italia]] estivo durante catro anos, de [[1992]] a [[1996]], xogando no [[Pallacanestro Trieste|Stefanel Trieste]] e no [[Olimpia Milano|Stefanel Milano]], equipo co que gañou no seu último ano a [[Liga de baloncesto de Italia|Liga]] e a Copa dese país. Cómpre destacar que en [[1995]] Bodiroga optou ao [[draft da NBA]], onde foi elixido de 51 polos [[Sacramento Kings]], aínda que finalmente non quixo xogar alí. Durante os seguintes anos xogou na [[liga ACB]] e na [[A1 Ethniki|HEBA]], conseguindo múltiples títulos, como tres [[Euroliga]]s. Tamén conseguiu durante eses anos varios títulos a nivel de selección, entre os que destacan dous mundiais e tres EuroBasket.
 
Cunha estatura de 2,05 metros e un peso 110  kg, destacaba pola súa polivalencia, xa que podía xogar en case calquera posición. Gran tirador de longa distancia, converteuse no líder de tódolos conxuntos nos que xogou. Actualmente e dende a súa retirada en [[2007]], exerce como "manager" da [[Pallacanestro Virtus Roma|Virtus Roma]], o seu último equipo como xogador. Era curmán en segundo grado do defunto xogador [[Dražen Petrović]].
 
=== Equipos ===
Liña 105:
* MVP da Copa do Rei de Valencia 2003
* "Gigante" Estranxeiro da tempada 2002-03 pola revista "Gigantes del Basket"
* Integrante do Quinteto Ideal da liga ACB na tempada 2003-2004
 
;Distincións en Iugoslavia
Liña 119:
{{Euroliga 50}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Bodiroga, Dejan}}
 
{{ORDENAR:Bodiroga, Dejan}}
[[Categoría:Nados en 1972]]
[[Categoría:Nados en Zrenjanin]]