Diferenzas entre revisións de «Rubens Barrichello»

m
Arranxos varios
m (*Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética)
m (Arranxos varios)
''Rubinho'' subiu por primeira vez na súa vida a un kart con 9 anos. Permaneceu na categoría até [[1989]], conseguindo 5 títulos de campión. O último ano compartiuno coa súa participación na [[Fórmula Ford]] 1600 de [[Brasil]], na cal rematou cuarto.
 
No [[1990]] participou na [[Fórmula Vauxhall]] pero non obtivo moi bos resultados, polo que decidiu decantarse pola [[Fórmula 3000]] [[Inglaterra|inglesa]], na que quedou primeiro despois de competir con un poderoso [[David Coulthard]].
 
Desexando entrar xa na [[Fórmula 1]], '''Rubens''' tivo que conformarse con seguir na '''F3''' un ano máis, no cal rematou terceiro e, grazas a ese positivo resultado, [[Jordan Toyota|Jordan]] contratouno para que cumprira o soño de calquera piloto: correr na máxima categoría.
 
O seu primeiro ano na [[Fórmula 1]] non foi como todos esperaban, en parte porque o monopraza que tiña non era dos mellores. Tan só obtivo 2 puntos en toda a temporada e rematou nun noveno posto.
Grazas á experiencia que acadara no ano anterior, o manexo do monopraza foi mellorando no [[1994]]. Aínda que, ese mesmo ano, en [[Imola]], tivo un accidente nos adestramentos bastante grave no que lle salvaron a vida os médicos. A pesar da súa sorte de seguir vivo, a súa moral seguiu polo chan xa que, dous días despois de sufrir el o accidente morría [[Ayrton Senna]], o seu ídolo e mentor. Ese ano, a pesar de todo o que lle pasou, rematou nun honorable sexto posto na clasificación de pilotos.
 
Nos dous anos seguintes continuou na mesma escudería, obtendo, respectivamente, un 11º con 11 puntos e un 8º posto con 14. Logo, xa no [[1997]], por diferenzas entre el e Eddie Jordan, o xefe da súa escudería, cambiouse a '''Stewart'''. Estivo tres anos nesa escudería, tres anos nefastos para a súa carreira automobilística, xa que os monoprazas non se caracterizaban polo seu gran motor e a súa potencia.
 
No [[2001]] firmou contrato con [[Ferrari Marlboro|Ferrari]] e pasou a ser compañeiro de [[Michael Schumacher]]. Ese ano quedou terceiro, os dous seguintes cuarto e os dous posteriores segundo, sempre á sombra de '''Schumacher''' que, até o día de hoxe, foi o invencible da [[Fórmula 1]].
 
En marzo de 2012 Barrichello anunciou que disputará a próxima tempada da fórmula indy, correndo para a escudería KV.
 
== Datos persoais ==
Actualmente comparte o seu lugar de nacemento con [[Montecarlo]], onde tamén reside polo seu traballo. Pesa 77 quilos e mide 1,72 metros. Está casado e ten un fillo.
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Barrichello, Rubens}}
 
{{ORDENAR:Barrichello, Rubens}}
[[Categoría:Nados en São Paulo]]
[[Categoría:Nados en 1972]]
393.002

edicións