Carlos Alberto Alonso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 4:
Entrou no mundo da comunicación a mediados da década de 1980 a través de esporádicas colaboracións de [[Radio (medio de comunicación)|radio]] en Onda Obreira e [[Radio Fene]]. Entrementres, realizaba o [[fanzine]] ''18Rodas'' e cantaba no grupo de rock [[Malpaso]]. En [[1987]] comezou a rodar os seus primeiros traballos en [[vídeo]]. En [[1994]], durante un ano, realizou para a televisión local de [[Narón]] o programa ''Gorevisión'', por onde pasaron artistas como [[Siniestro Total]], [[Deltonos]], [[Santiago Segura]], [[Toñito Blanco]] ou [[Ben Vaugh]].
 
Despois de tres intentos entrou na [[Escola de Imaxe e Son da Coruña]]. Alí realizou diversas [[curtametraxe]]s ata que participou nun concurso de guión da [[Xunta de Galicia]] para rodar en 35  mm. Adaptou un relato de [[Julio Cortázar]] co nome de ''Día de Suerte''. Malia que non gañou, un compañeiro gañador cedeulle o premio. O proxecto rodouse baixo o título de ''The End'' (1996-2000). A curtametraxe exhibiuse no [[Festival de Cine Independente de Ourense]], pero pasou catro anos esquecido ata que se exhibiu en salas comerciais xunto con curtas como ''Coruña imposible'' de [[Francisco Rañal]] ou ''Unha luz encendida'' de [[Alber Ponte]]. En 1996 realizou o video-clip do tema "''Superheroe''" que o grupo [[Blood Filloas]] compuxera para o programa ''[[Xabarín Club]]'' da [[TVG]].
 
En 1998 muda a súa resindencia a [[Barcelona]] cunha bolsa da [[Deputación da Coruña]]. Alí estudou Dirección Cinematográfica e Guión no [[Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña]]. Dende [[Cataluña]] preparou, tamén en 35  mm, unha curtametraxe inspirada nun relato do escritor [[mozambique]]ño [[Mia Couto]], ''As Muxicas'', que foi rodada en [[Monfero]] e [[Caaveiro]], na [[provincia da Coruña]], e coas que acadou un bo numero de premios e nominacions en diversos festivais polo mundo adiante{{Cómpre referencia}}. Tamen dende Cataluña colaborou coa peza ''¿Nunca Mais?'' na longametraxe colectiva ''[[Hai que botalos]]''.
 
Regresou a [[Galiza]] no [[2005]]. Entre xuño e decembro do [[2006]] traballou como axudante de realización na ''[[A casa de 1906|Casa de 1906]]'', ocupándose ademais da dirección do derradeiro capítulo, ''Así se fixo A Casa de 1906''. Ó ano seguinte seguiu no equipo da segunda edición do programa, ''A casa de 1907''.
Liña 39:
* [http://caalonso.blogspot.com Blog de C.A. Alonso]
* {{imdb nome|id=1084817|Carlos Alberto Alonso}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Alonso, Carlos Alberto}}