Michel Temer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desactualizado
m Arranxos varios
Liña 16:
|relixón = [[Igrexa católica|Católico]]
}}
'''Michel Miguel Elias Temer Lulia''', nado o [[23 de setembro]] de [[1940]] en [[Tietê]], [[Estado de San Paulo|San Paulo]], é un [[avogado]] e [[político]] [[Brasil|brasileirobrasil]]eiro de orixe [[Líbano|libanesa]], presidente do [[Partido do Movimento Democrático Brasileiro]]. Actualmente é o Vicepresidente do Brasil, tras resultar electo xunto con [[Dilma Rousseff]].
 
==Carreira pública==
Michel Temer comezou a súa carreira política no gabinete do gobernador de [[Estado de San Paulo|San Paulo]], Adhemar Pereira de Barros. En [[1983]] foi nomeado procurador xeral do Estado e o ano seguinte pasou a ser secretario de Seguridade Pública do mesmo, cargo que volveu ocupar nos inicios dos anos [[1990]]. Dentro da súa xestión creouse a primeira Delegacía da Muller de Brasil, así como tamén a Delegacía de Protección dos Dereitos de Autor, como instrumento de combate á [[Piratería (dereito de autor)|pirataría]].
 
Logo da súa primeira lexislatura fronte á Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo, comezou a súa carreira en cargos electivos. Confioulle ao entón gobernador, Franco Montoro, o súa decisión de participar na Asemblea Nacional Constituínte de [[1986]]. Finalmente, resultou electo ao cargo e puido participar da Asemblea onde optou por mostrar unha postura moderada e grandes coñecementos sobre dereito constitucional. Logo desta elección, foi elixido Deputado Federal, cargo que repetiría consecutivamente por seis períodos máis. Finalmente abandona o cargo para volver asumir a Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo e, anos máis tarde, para asumir a Secretaría de Goberno do devandito Estado.
 
Foi electo tres veces como Presidente da Cámara de Deputados (en 1997, en 1999 e en 2009), e no [[2001]] é designado como presidente do [[Partido do Movimento Democrático Brasileiro]]. En [[2009]], tras un acordo co [[Partido dos Traballadores (Brasil)|Partido dos Traballadores]], é elixido como candidato a Vicepresidente, para conformar unha candidatura con [[Dilma Rousseff]] a disputar nas eleccións de [[2010]], onde finalmente resulta electo, tras unha segunda volta, o [[31 de outubro]], tamando finalmente posesión do cargo o [[1 de xaneiro]] de [[2011]]. Nunha entrevista para a Lebanese Broadcasting Corporation, Temer mencionou que a orixe da súa familia é da cidade de Tabourah en Distrito de Koura, que á súa vez é unha veciñanza da cidade de Trípoli, [[Líbano]].
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Vicepresidentes do Brasil]]