Yayoi Kusama: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →top: Arranxos varios |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 4:
Nada en [[Matsumoto]], [[Nagano]] nunha familia de clase media-alta, Kusama comezou a crear arte a unha idade temperá. Cansada do estilo de pintura ''nihonga'' que estudaba en [[Kioto]] dende 1948, interesouse polas vangardas europeas e americanas, organizando as súas primeiras exposicións en solitario en [[Matsumoto]] e [[Tokio]] durante a década dos 50s. En 1957 mudouse aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], asentándose na cidade de [[Nova York]] onde produciu unha serie de pinturas influenciadas polo movemento do [[expresionismo abstracto]]. Coa adopción da escultura e as instalacións como os seus medios primarios, Kusama converteuse nunha figura da vanguardia neoyorquina, exhibíndo a súa obra xunto a de personalidades como [[Andy Warhol]], [[Claes Oldenburg]] ou [[George Segal]]durante os principios da década dos 60s, onde tamén foi frecuentemente asociada ao movemento do [[pop art]]. Aproveitándose do xurdimento da contracultura [[hippy]] de finais dos 60s, Kusama atraeu a atención pública ao organizar unha serie de ''Body Festivals'' onde participantes espidos eran pintados con lunares de cores brillantes.
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Pintores do Xapón]]
|