Diferenzas entre revisións de «Bernat Soria»

ampliado a partir da wiki catalá
(ca:Bernat Soria Escoms)
(ampliado a partir da wiki catalá)
'''Bernat Soria Escoms''' é un biofísico e político [[España|español]] nacido en [[Carlet]], [[Valencia]], en [[1951]].
 
Doutor en medicina pola [[Universidade de Valencia]], foi Coordinador da área de Fisioloxía (3B) da [[Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva]] (ANEP), catedrático da [[fisioloxía]] da [[Universidade Miguel Hernández]] de [[Elxe]] e director do seu instituto de [[bioenxeñería]] entre 1997 e 2005. Actualmente é o coordinador da [[Rede Europea de Células Nai Embrionarias]], ademais de catedrático de Fisioloxía da [[Universidade Pablo de Olavide]] e director do [[Centro Andaluz de Biología Molecular y Medicina Regenerativa]] (CABIMER) de [[Sevilla]], e está considerado como un dos principais expertos mundiais na investigación con [[células nai]]. En [[2005]] recibiu o [[Premio Galien]] ao Mellor Labor Investigador.
 
O 6 de [[xullo]] de [[2007]] foi nomeado [[Ministerio de Sanidade e Consumo de España|Ministro de Sanidade e Consumo]] en substitución de [[Elena Salgado]].
 
==Outros datos persoais==
*É socio de [[Acción Cultural do País Valenciano]].
 
{{start box}}