Diferenzas entre revisións de «Fricción»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
Aínda que se opoñan ó sentido de deslizamento entre as superficies de contacto, todas as formas de transporte que se desprazan sobre rodas non poderían moverse sen a fricción: é a fricción entre as rodas e o solo o que permite que as rodas se agarren ao solo, producindo movemento polo cambio de forzas. Así, a forza de fricción pode asumir características de forza motora, cando a súa acción proporciona o movemento de translación do corpo en relación á superficie.
 
Pode parecer estraño afirmar que non é precisa ningunha forza para manter un corpo en movemento, cando un avión se despraza a unha [[velocidade]] constante utilizando os seus poderosos [[Motor (máquina)|motor]]es. A razón é que a forza dos motores que impelen o avión cara adiante é igualada pola fricción co aire a través do cal se move o avión; as dúas forzas equilíbranse de tal modo que ningunha actúa sobre o avión e este, por tanto, continúa movéndose cunha velocidade constante.
 
==Coeficiente de fricción==
Chamase de forza de fricción dinámica a forza que xorde entre as superficies que presentan movemento relativo. A forza de fricción dinámica oponse a este deslizamento entre as superficies, non necesariamente oposta ao movemento do corpo. Por exemplo: cando unha caixa está deslizando sobre unha superficie horizontal para a dereita, a forza de fricción dinámica estará aplicada na superficie de contacto da caixa e a superficie de apoio paralelamente á superficie e apuntando para a esquerda.
Outro exemplo é cando un coche se está movendo nunha estrada e decide frear bruscamente, de modo que as rodas son trabadas. O carro parará por causa da forza de fricción, que actúa entre os [[pneumático|pneumáticos]]s e o solo. No caso dun home empurrando unha caixa débese considerar que se a caixa está en repouso mentres o home aplica a forza, a forza de fricción entre a caixa e o plano de apoio será de fricción estática sendo contraria ao deslizamento da caixa cara adiante; para os pés do home, a forza de fricción estará actuando no sentido de impedir o deslizamento dos pés cara atrás. Neste caso a forza de fricción estática está apuntando cara adiante.
 
No caso de que a caixa estexa deslizando, a forza de fricción entre a caixa e o plano será dinámica e estará opoñéndose ao deslizamento, que nese caso coincide coa oposición ao movemento da caixa. Para o caso dos pés do home, considerando que mesmo empurrando a caixa non haxa deslizamento en relación à superficie, a forza de fricción continúa sendo de carácter estático e nese caso estará apuntando cara adiante, ou sexa, opoñéndose ao deslizamento dos pés e consecuentemente favorábel ao movemento da caixa. Esa forza de fricción pode ser calculada pola seguinte expresión:
Chamamos forza de fricción estática a forza que se opón a deslizamento entre as superficies. Como exemplo, podemos citar o deslizamento dunha caixa sobre unha superficie ou tamén a fricción entre o pneumático dun coche cando este non está se movendo sobre a superficie.
 
Cando se intenta empurrar unha caixa en repouso en relación ao solo, nótase que dependendo da forza que é aplicada sobre a caixa, esta non sae do lugar. Así, pódese concluír que hai unha forza que actúa contra o movemento. É a denominada forza de fricción estática.
 
Ora, para mover a caixa, se for feita unha forza igual á fricción dinámica, a caixa non se moverá, pois as forzas anularanse. Entón, conclúese con iso que a forza de fricción estática é maior que a de fricción dinámica. Porén, na maioría dos casos, os seus valores son tan próximos que podemos consideralas aproximadamente iguais.
 
* <math>F_{at} = \mu_e . N</math> (análogo á fricción dinámica)
 
 
==Enerxía disipada==
| [[Cobre]] // [[Ferro]] (fundido) || 1,1 || 0,3
|-
| [[Esquí (deporte)|Esquí]] (encerado) // [[Neve]] (0º&nbsp;°C) || 0,1 || 0,05
|-
| [[Articulación (anatomía)|Articulacións humanas]] || 0,02 || 0,003
Neste exemplo, para acharmos a forza que a fricción exerce no tapón sobre a boca da botella de vidro cando se tenta practicar a extracción da [[rolla]], precisamos antes achar a [[área]] de contacto entre o tapón e a boca. Despois de obtermos este dato por contas matemáticas (superficie interna dun [[cilindro]]), é preciso achar tamén a [[presión]] exercida polo tapón na boca. A presión do tapón actúa como a forza normal na área de contacto, e, sabendo esas dúas informacións e posuíndo os coeficientes de fricción, basta utilizar a fórmula anterior para obter a forza de fricción cando se tenta abrir a botella.
 
===Fricción no plano inclinado===
 
Hai aquí unha particularidade: cando un corpo está sobre un plano inclinado e baixo a acción exclusiva da [[gravidade]], a intensidade da forza normal que se utiliza para calcular a forza de fricción corresponde á compoñente [[perpendicular]] ao [[plano]] de contacto, que pode ser calculada segundo a expresión:
a fórmula xeral, que mide a fricción dunha superficie é:
 
<math>\mu_e\,</math>.m = g.sen <math>\theta</math>
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Magnitudes físicas]]
388.946

edicións