Diferenzas entre revisións de «Afrika Korps»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
== Antecedentes ==
 
A invasión de [[Grecia]] debilitara tamén a posición británica no norte de África. En febreiro de [[1941]], Hitler enviou en apoio aos [[Italia|italianositalia]]nos ao recentemente formado Afrika Korps, baixo as ordes do tenente xeral Erwin Rommel.
 
A finais de marzo, o Afrika Korps atacou as desguarnecidas tropas británicas de [[Cirenaica]]. A audacia de Rommel e a súa valiosa experiencia na utilización dos [[Carro de combate|tanque]]s, adquirida en [[Francia]] o ano anterior, sorprendeu completamente ás tropas de Wavell. A mediados de abril, os alemáns alcanzaron a fronteira de [[Exipto]], capturaron ao xeneral O'Connor e illaron o porto de [[Tobruk]], onde unha guarnición [[Australia|australianaaustralia]]na tratou de aguantar a súa posición.
 
Wavell pediu urxentemente reforzos e en maio creu estar en condicións de emprender un contraataque. A pesar do éxito inicial, resultou un fracaso. En xuño tratou de endereitar unha nova ofensiva, que tampouco fraguou. En xullo, Wavell foi relevado e tomou o mando o xeneral sir [[Claude Auchinleck]]. Durante os seis meses seguintes, Auchinleck concentrou e organizou as súas tropas británicas e da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]] no norte de África, e comezou a preparar unha campaña cuxo obxectivo era liberar [[Tobruk]] e recuperar Cirenaica. Tras un intento errado en novembro de romper o cerco de Tobruk, as tropas de Auchinleck conseguiron, con todo, o seu obxectivo o [[10 de decembro]]. Liberada a praza, os ingleses proseguiron ata a cidade de [[Bengasi]], que ocuparon o 24 do mesmo mes. Pero o éxito de [[Inglaterra]] foi transitorio.
{{Commonscat}}
{{Portal|Segunda Guerra Mundial}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Wehrmacht]]
393.002

edicións