Rolls-Royce Trent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 62:
 
=== Trent 1000 ===
O [[6 de abril]] de [[2004]] Boeing anunciou que seleccionara dous socios para os motores do seu novo [[Boeing 787|787]], Rolls-Royce e General Electric. Inicialmente Boeing considerou a idea dun único otor para o 787, sendo GE o candidato favorito. Porén, os clientes potenciais demendaron distintas opcións e Boeing cedeu. Ámbolos dous tipos de motores terían unha interface estándar no avión, permitindo que calquera 787 fose equipado cun motor GE ou Rolls-Royce en calquera momento mentres se modificase tamén o pilón.
 
No mes de xuño de [[2004]] [[Air New Zealand]] realizou a primeira elección pública de motor, elixindo o Trent 1000 para os seus dous primeiros pedidos en firme. No pedido máis grande de 787, [[All Nippon Airways]] seleccionou a Rolls-Royce como provedor do seu motor o [[13 de outubro]] de [[2004]]. O Trent 1000 sería o motor de lanzamento das tres variantes do 787, a -8 con ANA, a -9 con Air New Zealand e a -10 con [[Singapore Airlines]].<ref>{{cita web|título=787 special: Starting block|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/787-special-starting-block-209177/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> O [[7 de xullo]] de [[2007]] Rolls Royce asegurou o seu pedido máis grande dunha compañía de leasing cando [[ILFC]] realizou un pedido por un valor de 1 300 millóns de dólares do Trent 1000, para equipar os 40 787 que pedira,<ref>{{cita web|título=ILFC selects Rolls-Royce Trent 1000 for 40 Boeing 787s|url=https://web.archive.org/web/20070927202625/http://www.rolls-royce.com/media/showPR.jsp?PR_ID=40516|editor=Rolls-Royce|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> e o [[27 de setembro]] de 2007 [[British Airways]] anunciou a selección do Trent 1000 para impulsar 24 Boeing 787. A porcentaxe de mercado entre os motores do 787 do Trent 1000 é a día de hoxe de ao redor do 60%.<ref>{{cita web|título=Trent 1000 momentum in the market|url=http://www.rolls-royce.com/products-and-services/civil-aerospace/products/civil-large-engines/trent-1000/market-share.aspx|editor=Rolls-Royce|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
O primeiro encendido do Trent 1000 foi o [[14 de febreiro]] de [[2006]],<ref>{{cita web|título=Trent 1000 completes testbed run|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/trent-1000-completes-testbed-run-204974/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> voando por primeira vez no propio banco de probas de Rolls-Royce (un Boeing 747-200 modificado) o [[18 de xuño]] de [[2007]] dende o aeroporto de Waco, [[Texas]].<ref>{{cita web|título=Rolls-Royce flies Boeing 787’s Trent 1000 engine on 747 testbed|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/paris-2007-rolls-royce-flies-boeing-787s-trent-100-214894/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> O motor recibiu a certificación da [[FAA]] e da [[EASA]] o [[7 de agosto]] de [[2007]].<ref>{{cita web|título=European and US regulators certify Trent 1000 for Boeing 787|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/european-and-us-regulators-certify-trent-1000-for-bo-215951/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> A entrada en servizo atrasouse ata setembro de [[2011]] tras unha serie de atrasos no programa do Boeing 787.<ref>{{cita web|título=Boeing 787 Dreamliner on track to fly in June|url=http://www.reuters.com/article/boeing-idUSN2726323420090527|editor=Reuters|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
=== Trent 1500 ===
=== Trent XWB ===