Johan Ferrández d'Heredia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m está inda sen rematar
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xullo de 2007 ás 18:17

Johan Ferrández d'Heredia (Munébrega, ca. 1310 - Aviñón, 1396). Escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Membro da nobreza, seu pai fora lugartenente do mordomo da infanta Leonor. Casou dúas veces e tras a morte da súa segunda esposa entrou na orde do Hospital, en 1345 accedeu a castelanía de Amposta, a máis alta dignidade da orde na Coroa de Aragón. En 1356 aséntase en Aviñón, chegando a ser gobernador da cidade gañándose o favor dos diferentes papas. En 1376 acompañou ao papa Gregorio XI a Roma preludiando a fin da etapa papal de Aviñón. O 24 de setembro de 1377 foi investido Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén. En 1377 preparou unha expedición militar contra Morea pero foi capturado no golfo de Arta e vendido aos turcos que o liberan tras o pago dun importante rescate.

Johan Ferrández d'Heredia foi un home culto, amigo de reis e papas, cunha grande inquietude cultural e como fixera Afonso X de Castela organizou unha escola de tradutores en Aviñón para traducir a unha lingua vulgar obras clásicas así como realizar un labor historiográfico, a lingua que se utilizou foi a propia de Johan, o aragonés, por veces nunha forma moi pura pero outras moi castelanizado, quizais polo traballo dos copistas non aragoneses.

Obras saídas do obradoiro de Heredia

  • Grant Crónica de Espanya, obra historiográfica, compilación de diversos materiais tanto medievais como clásicos, dividida en tres partes, non se conserva a segunda, emprega aínda materiais míticos como era o costume na Idade Media pero desbota as lendas e cantares de xesta.
  • Crónica de los Conquiridores, abrangue a historia universal a través dos grandes conquistadores, de Hércules a Xaime I de Aragón