Phil Jackson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
 
=== Os Bulls ===
Finalmente obtivo un emprego na NBA en 1987 como asistente cos Bulls. Foi nese entón cando Jackson coñeceu a [[Tex Winter]] e converteuse un devoto do ataque en triángulo (triangulo ofensivo). En 1989, Jackson foi ascendido a adestrador líder, e xa o resto é historia. No seu nove anos dirixindo aos Bulls, gañou seis campionatos, perdendo só en 1990 (a súa primeira tempada), 1994 e 1995 (cando [[Michael Jordan]] se retirou do baloncesto), na tempada 95-96 conseguiu un recordrécord, que ninguén alcanzou aínda de 72 vitorias fronte a 10 derrotas, en tempada regular, consolidando así, a hexemonía dos Bulls do momento.
 
A química entre Jackson e o seu equipo era intocable e atopábase a un nivel ao que a maioría dos adestradores só poderían soñar e nunca poderían conseguir. O respecto compartido entre os xogadores e o adestrador foi o factor craveclave para os campionatos que conseguiron, pero a pesar das forzas que Jackson compartía co seu equipo, a tensión entre Jackson e o manager xeral dos Bulls [[Jerry Krause]], quen o empregou orixinalmente, tivo un impacto substancialmente negativo. Logo do último título de campionato dos Bulls na era de Jordan en 1998, Jackson deixou o equipo coa idea de que non volvería dirixir outra vez pero logo de tomarse un ano fóra decidiu darse outra oportunidade co equipo dos Lakers.
 
=== Os Lakers ===