Hiato (gramática): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
En galego pode haber hiato nos seguintes casos:
 
* Dúas [[Vogal aberta|vogais abertas]] (''a'', ''e'', ''o'') seguidas: aéreo (poa-é-re-o), cacao (ca-ca-o), área (á-re-a), fideo (fi-de-o), táboa (tá-bo-a), adoecer (a-do-e-tacer).
* Unha vogal aberta ou media e unha [[Vogal pechada|pechada]] (''i'', ''u'') tónica. Neste caso a sílaba tónica está marcada con acento gráfico: raíña (ra-í-ña), dúas (dú-as), cotío (co-tí-o), saúde (sa-ú-de), díese (dí-e-se), posúe (po-sú-e), correúdo (co-rre-ú-do).
* Dúas vogais pechadas e o acento recae sobre a segunda (agás que a secuencia vaia precedida dos fonemas /k/ ou /g/). Neste caso a sílaba tónica é marcada cun acento gráfico: diúrno (di-úr-no), miúdo (mi-ú-do), oriúndo (o-ri-ún-do), viúvo (vi-ú-vo), muíño (mu-í-ño), xuízo (xu-í-zo). E nas formas flexionadas destas palabras ou nos derivados delas, aínda que estean en posición átono: miudezas (mi-u-de-zas), axuizar (a-xu-i-zar), muiñeiro (mu-i-ñei-ro).
* Unha vogal pechada tónica e unha aberta: (lú-a).
 
Emprégase a [[diérese]] para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en "-''aer"'', "-''oer"'', "-''aír"'', "-''oír",'' e "-''uír"'': moïamos, moïades. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.
 
== Esquema de hiatos en galego ==
 
=== Vogais abertas iguais ===
* aa: Caamaño, contraalmirante, contraataque, contraaviso, gardaagullas, graal, portaavións, saami.
* ee: areeiro, areento, baleeiro, cadeeira, cafeeira, candeeiro, centeeiro, clareeira, cordeeiro, derreira, lampreeiro, neerlandés, norteeuropeo, padeeiro, preeiro, preelectoral, preeminencia, preescolar, preexistir, rebeleeiro, randeeira, reedición, reedificar, reeducar, reelabora, reelixir, reembolso, reencarnar, reencontro, sobreeixe, sobreentender, sobreestimación, viseense, xeeira.
* ii: antiimperialismo, antiinflamatorio, diiambo.
* oo: antozoos, azoospermia, briozoos, broo, cooficial, cooperativa, cooptar, coordenada, coordinar, desloor, espermatozoo, heliozoo.
* uu: contínuum, duunvirato.
[[Categoría:Fonética]]
[[Categoría:Fonoloxía]]