Evo Morales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
'''Juan Evo Morales Ayma''', nado en [[Orinoca]], [[departamento de Oruro|Oruro]], o [[26 de outubro]] de [[1959]], é un [[político]] [[bolivia]]no, representante durante moitos anos do sector agrario do país, en especial dos [[Erythroxylum coca|cocaleiros]], foi electo ao Congreso en [[1997]], dando inicio a unha meteórica carreira política. En [[2002]] resultou segundo nas eleccións presidenciais por escasa marxe, e triunfou nas [[Elección Presidencial de Bolivia de 2005|eleccións de 2005]] (domingo [[18 de decembro]]). Asume o poder o [[22 de xaneiro]] de [[2006]] como o primeiro mandatario boliviano en ser electo Presidente da República en primeira volta en máis de 30 anos.
 
De orixe [[amerindio]], da etnia [[pobo aimará|aimará]], Morales é o representante do sector campesiño da rexión do [[Chapare]] [[bolivia]]no e dirixente do [[Movemento ao Socialismo (Bolivia)|Movemento ao Socialismo]] (MAIS) - IPSP Instrumento Político pola Soberanía dos Pobos. É xunto a [[Felipe Quispe]], un dos indíxenas máis famosos da historia actual do seu país.
 
== Traxectoria ==