Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Exprimir > espremer.
Liña 23:
[[Ficheiro:Papier mache.jpg|miniatura|325px|dereita|Papel maché sobre unha forma redondeada para crear a figura dun porco. O globo explótase cando a cola seca.]]
 
Cóllese un pegote da pasta escurrida, e dándolle golpes coas xemas dos dedos, mentres se sostén na palma da outra man, téntase facer unha pequena placa cos bordesbordos máis ou menos feitiños e de grosor uniforme. Logo exprémeseesprémese esta pasta entre as palmas das mans, sen estrullala en exceso, para evitar que se esmiuce ou rompa. Ponse esta primeira placa no molde, na zona máis profunda (exemplo, se é un molde dunha máscara, é mellor empezar polo nariz). Adáptase alí primeiro cos dedos, ou usando unha ferramenta de madeira, coma un pau de modelar, e logo ponse un trapo absorbente enriba (meténdoo no burato do nariz) e apértase con forza controlada, para quitar o exceso de auga. Logo ten que apertarse máis para que colla ben á forma do nariz. Logo cóllese outro pegote de pasta, repítese o proceso, e colócase empatando o bordo enriba do bordo desta primeira plaquiña do nariz, e así sucesivamente, ata ter todo o molde cheo. Nos bordos do final da máscara convén facelos planos (seguindo o nivel do molde) e un pouco máis grosos, para que a máscara ou peza quede máis consistente no seu remate.
 
Déixase secar o molde e a carga (máscara neste caso) ao Sol ou ante unha fonte de calor non moi forte, para evitar que o molde se agrete. Convén darlle voltas para evitar que se requente de máis nunha zona e o resto quede frío.