Pentateuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 104:
== O texto actual ==
 
Os autores destas tres fontes tamén foron os responsables da forma actual do texto. Nun primeiro momento uníronse as tradicións iavista e eloísta. Posteriormente, os autores da tradición sacerdotal fixeron o seu engadido e, finalmente os deuteronomistas aportaronachegaron o seu material e xuntándoo coas outras tradicións, lle deron ao texto a forma que hoxe coñecemos.
 
Os autores, para ir creando o texto, utilizaron o método da xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto explica en parte a desorde do libro de Números o fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir del empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola creación do mundo para centrarse na creación do home e da muller (o coñecido relato do barro e a costela).