Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
En [[1252]], Nicea pasou á ofensiva e recuperou as súas posesións, coa fortaleza de [[Castoria]], e chegaron ata Albania. Miguel II pediu a paz e asinou o [[Tratado de Larissa]] polo que renunciaba a favor de Nicea os territorios gregos occidentais que tomara a Bulgaria, e Prilep e [[Croia]] a Albania; a cambio recoñecíaselle o título de [[déspota de Epiro]], pero como vasalo do Emperador de Nicea.
 
Teodoro o Cego foi feito prisioneiro de novo en Nicea, onde morreu. Logo dunha campaña de Nicea contra os búlgaros ([[1255]]-[[1256]]) Miguel II, prisioneiro, enviou finalmente ao seu fillo Nicéforo a casar con María, filla de [[Teodoro II Láscaris]] de Nicea, cumprindo o acordo de 1249. A voda celebrouse en Salónica e Teodoro II esixiu como dote os territorios serbios de Miguel II e a cidade de Durazzo. Miguel non puido negarse ao ter ao seu fillo en mans do emperador. Tralo enlace, Miguel invadiu Macedonia e iniciou unha guerra de tres anos ([[1257]]-[[1259]]) na que Miguel obtivo o apoio de Manfredo, rexente de [[Sicilia]] e de Guillerme de [[Morea]] e Oreos que en [[1258]] casou con Ana Comneno Ducas, filla de Miguel II, aportando como dote o territorio do sur de Tesalia; ao ano seguinte ([[1259]]), outra filla de Miguel, Helena Anxo, casou con Manfredo de Sicilia e aportouachegou como dote Albania e [[Kérkyra]].
[[Ficheiro:Epir1252-1315.png|miniatura||O despotado de Epiro do 1252 ao 1315.]]
En [[1259]] librouse a batalla definitiva: as forzas de Miguel II e os seus aliados enfrontáronse a un exército de Nicea enviado por Miguel VII baixo o mando do seu irmán [[Xoán Paleólogo]]; inicialmente, os serbios ocuparon Skopia ([[Skopje]]) e [[Kosovo]] pero en [[Pelagonia]] os exércitos de Epiro foron derrotados. O rei serbio [[Estevo III Urosh]] retirouse e buscou aliados para facer fronte ao perigo (tratou con [[Hungría]] polo que o seu fillo [[Dragutí]] casou coa neta do rei húngaro).