Dreamcast: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
Dreamcast usaba un formato propietario de discos chamado [[GD-ROM]] para almacenar os xogos, intentando evitar a piratería, pero consiguindo uns resultados pouco efectivos, xa que se descubriu que os discos contiñan defectos de deseño, e os piratas foron capaces de copiar os xogos. Sega culpábase en grande medida a si mesma polos altos niveis de piratería da súa Dreamcast – o seu uso do formato GD-ROM foi minado totalmente pola compatibilidade da consola co formato [[Mil-CD]], o cal permitía á consola arrincar desde un [[CD-R]] estándar. A compatibilidade co Mil-CD foi eliminada da revisión final da Dreamcast ao final da vida da consola.
 
[[Microsoft]] cooperou con Sega coa idea de promover o seu [[Sistema Operativo]] [[Windows CE]] para [[videoxogos]], pero Windows CE para Dreamcast mostrou capacidades limitadas comparando co sistema operativo nativo de Dreamcast. As bibliotecas que Sega aportouproporcionou ofertaban máis potencia final, aínda que resultaba máis dificultosa a realización de conversións entre consola e PC.
 
A Dreamcast ten unha modesta comunidade de hackers. A dispoñibilidade do kit de desenvolvemento de Windows CE en Internet, así coma conversións dos Sistemas Operativos [[Linux]] e [[NetBSD]] para Dreamcast deron aos programadores unha selección de ferramentas de desenvolvemento para traballar. Un Sistema Operativo caseiro chamado '''Kallistios''' oferta compatibilidade coa maioría do hardware, pero non ofrece multi-tarefa, o cal é superfluo para os xogos. Moitos emuladores e otras utilidades ([[mp3]], reprodutores [[DivX]] e visores de imaxes) foron portados ou programados para a consola, aproveitándose da relativa facilidade coa cal o usuario caseiro podía crear un CD capaz de arrincar nunha Dreamcast non modificada a nivel de hardware. A día de hoxe, Dreamcast é a consola que conta con maior número de emualdores doutras máquinas.