Vasco da Gama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
levantar áncora
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39:
* São Miguel, unha carraca para o transporte de subministracións, que foi queimada preto da baía de São Brás na viaxe de ida, e que foi comandada por [[Gonçalo Nunes]].
 
O [[2 de marzo]] de [[1498]], aportouproporcionou a armada a Mozambique, despois de sufrir fortes temporais e de ter Vasco da Gama sufocado, con man de ferro, unha revolta da tripulación. Foi en Mozambique onde atoparon os primeiros comerciantes [[India|indios]]. A pesar de que nun primeiro momento foron ben recibidos ao seren tomados por comerciantes musulmáns tiveron que saír da cidade disparando os canóns<ref>http://www.oldnewspublishing.com/dagamma.htm</ref>.
 
O piloto que o sultán da Illa de Mozambique lle dera, a certa altura, para o conducir á India, acordou secretamente entregar os navíos portugueses aos nativos en [[Mombasa]]. Unha casualidade fixo descubrir a emboscada e Vasco da Gama puido continuar até [[Melinde]], cuxo rei lle forneceu un piloto árabe ([[Malemo Caná]]), coñecedor do Océano Índico.