Reino de Mira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1582792
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
Mursilis volveu a ir a Sallapa e cando ameazou a Maskhuiluwas, este fuxiu ao [[reino de Masa]] mentres o seu reino de Mira e Kuwaliya rendeuse. Mursilis invadiu Masa, causando moitos danos, e diante da ameaza por Masa, o rei rebelde foi obrigado a renderse e foi tratado con clemencia (era tío do rei) e enviado a [[Hattusas]]; no seu lugar Mursilis instalou a Kupanta-Kurunta. Suponse que E.gal.pap foi derrotado algún tempo despois. Maskhuiluwas foi enviado a gobernar unha cidade sagrada da rexión do río Siyanta, como gran sacerdote.
 
Kupanta-Kurunta de Mira era considerado membro da familia real xa que a súa nai (adoptiva) era princesa (irmá de Mursilis). Kupanta-Kurunta aportouproporcionou continxentes militares do país ao exército hitita, continxentes que participaron na batalla de [[Qadesh]] no [[Río Orontes|Orontes]] (sobre [[-1293]]). No reinado de [[Muwatallis II]] morreu Kupanta-Kurunta e sucedeuno [[Kupanta-Lamna]], fillo de Kupanta-Kurunta de Mira-Kuwaliya, descendente dos reis de Arzawa polo seu pai e dos reis hititas pola nai (a nai era filla de Suppiluliumas I)).
 
Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome de [[Mursilis III]], e inmediatamente quixo depoñer algúns das gobernadores dos antigos estados de Arzawa e establecer o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. Na guerra civil entre [[Mursilis III]] e [[Hattusilis III]] non se menciona. Baixo Hattusilis III era rei Kupanta-Kurunta (II) segundo algúns o mesmo rei que subira ao trono sobre o [[-1280]], xa que Kupanta-Lamna ou Lamma era a [[sumerios|sumerización]] do nome.